O PP pide “en aras á transparencia” unanimidade para impulsar a Comisión de Investigación polas irregulariedades de persoal nos últimos 20 anos

By 10 Decembro, 2019 Persoal, Proposición, Transparencia

O vicevoceiro do Grupo Popular reclama “luz e taquígrafos” para aclarar as prácticas que houbo no Concello de Lugo nas últimas dúas décadas en materia de persoal xa que, segundo indica o informe do interventor, se cubrían postos sen xustificacións ou sen contar con ningún tipo de informes preceptivos, firmando (concelleiros socialistas) decretos sen informes técnicos

O Partido Popular rexistrou hoxe unha proposición para debatir en pleno a constitución dunha Comisión de investigación co obxecto de “depurar posibles responsabilidades políticas derivadas das supostas irregularidades en materia de persoal dos últimos 20 anos”.

Para o vicevoceiro popular os responsables políticos en materia de persoal do Concello de Lugo “ben por acción ou ben por omisión teñen que aclarar como é posible que haxa, segundo un informe interno encargado polo equipo de goberno, 228 traballadores municipais ocupando postos que non lles corresponden”. Ameijide reflexiona que “o máis doado é cargar tintas contra un funcionario, pero nós queremos ir ao fondo desta cuestión e aclarar quen deu e asinou estas ordes”.

Ameijide confía en que “en aras á transparencia, salvo que teñan algo de ocultar, tanto PSOE como BNG, votarán a favor para que salga adiante esta Comisión de investigación”.

Os populares queren que se aclaren diferentes cuestións como “porque o equipo de goberno, ainda que non tiñan informes preceptivos tal e como figura no informe do interventor, deu luz verde ata 228 cambios de postos de traballo?; porque non paralizaron esta práctica e pediron informe á intervención ou asesoría xurídica?. Por qué agora saen á luz as irregularidades de 228 postos de traballo?.

Antonio Ameijide manifestou que nesta Comisión de Investigación deben declarar os responsables políticos, os membros da xunta de goberno local que daba o visto bo a decisións de persoal así como os directores xerais que estiveron ao fronte da área de recursos humanos nos últimos anos.

Os populares levan anos cuestionando prácticas irregulares en materia de persoal e agora “co informe do interventor co que xustifica a destitución da xefa de persoal se confirma que non había informes preceptivos para facer moitos dos cambios e designacións de postos dentro do Concello de Lugo. Ameijide pregúntase “como é posible que pasasen por alto esta circunstancia, ninguén se deu conta que as decisións que se tomaban non se axustaban a dereito?”

Leave a Reply

20 − 3 =