
A Xunta de Goberno Local, na que están representantes do PSOE e do BNG, aprobou hoxe o inicio do expediente para rescindir o contrato das obras da rúa Milagrosa.
Isto evidencia unha nova xestión deficiente dun proxecto que leva meses xerando problemas.
Obra mal planificada desde o inicio
• As obras comezaron en xuño sen incluir a renovación do saneamento, pese ás advertencias dos veciños, do PP e da propia empresa adxudicataria das obras que alertou do mal estado do colector.
• A Valedora do Pobo admitiu a trámite as queixas de veciños e do grupo municipal do Partido Popular e requireu ao Concello.
• O Goberno fixo oídos xordos e mantivo durante meses que o problema era só suciedade, cando había un dano estrutural.
Rectificación tardía e sen solución real
• No pleno de outubro, o concelleiro dixo que o saneamento estaba en bo estado
• Non foi ata decembro cando o Goberno recoñeceu a necesidade dunha reposición integral.
• En lugar de modificar o contrato, intentaron asumir o sobrecusto mediante compensacións e eliminando parte das actuacións, unha solución inviable.
Paralización e rescisión: os veciños, os grandes prexudicados
• A falta de acordo paralizou as obras.
• Consecuencias:
* Unha obra prevista para 3-4 meses podería prolongarse durante un ano máis.
* Será necesario iniciar novo proceso de licitación.
* A rúa continuará en estado precario durante meses.
Un patrón que se repite
• Lugo xa sufriu atrasos de case dous anos no Casco Histórico por mala planificación e discrepancias coas empresas.
• Agora, o Concello rescinde o contrato sen esgotar vías de diálogo, podendo xerar conflicto xudicial e custes para as arcas municipais.
• Precedentes como a Fábrica da Luz supuxeron un desenbolso de máis de 2,5 millóns de euros para os lucenses.
O PP esixe solucións urxentes
• Planificación rigorosa dos proxectos
• Diálogo real coas empresas adxudicatarias
• Axilidade na nova licitación
• Transparencia ante un posible proceso xudicial
• Garantías para que os veciños non paguen os erros do Goberno
Lugo non pode seguir sufrindo obras eternas, sobrecustes e decisións improvisadas.
Os veciños merecen unha administración que planifique, execute con rigor e asuma responsabilidades.
