PMUS

Se Arroxo mentiu sobre a aprobación do Plan de Mobilidade, que valor ten agora a súa palabra?

By 3 Marzo, 2026Sin comentarios

As declaracións de Rubén Arroxo asegurando que “mentres leve Mobilidade non haberá máis carrís bici segregados” non poden estar por riba do que está aprobado oficialmente e por escrito.

O que aprobou o Concello de Lugo, gobernado por PSOE e BNG, é un Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). E un PMUS non é unha opinión nin unha intención política: é un documento de planificación de obrigado cumprimento que ordena a mobilidade da cidade.

Ademais no caso de contradición co Plan Xeral, prevalece o PMUS segundo figura no Artículo 150.2. que indica que “se existiran incongruencias esenciais entre o Plan de Mobilidade do Concello e o  Plan Xeral, prevalecerá aquel e se modificará este”.

É dicir, o que vincula legalmente non é unha declaración puntual, senón o documento aprobado, que contempla a ampliación da rede ciclista ata os 47,4 quilómetros.

Se a única garantía de que o PMUS non se execute é a palabra do señor Arroxo, convén lembrar dous feitos moi claros:

Primeiro. O 26 de decembro o propio tenente de alcalde afirmou que o PMUS estaba aprobado de forma definitiva. Posteriormente, tras a admisión do noso recurso polo TSXG, víronse obrigados a abrir un novo prazo de exposición pública (que remata o 18 de marzo).

Isto evidencia que o tenente de alcalde faltou á verdade no pleno. Ese é o valor da súa palabra.

Segundo. As responsabilidades de goberno cambian. Hoxe a área de Mobilidade está en mans do BNG; mañá pode estar en mans do PSOE. As declaracións políticas pasan, pero os documentos aprobados permanecen.

Política útil

Nós seguiremos traballando para que os lucenses coñezan con claridade o modelo de cidade que PSOE e BNG pretenden implantar e que está recollido neste documento.

Un plan que transforma profundamente numerosos espazos urbanos e que pode xerar importantes problemas de mobilidade no día a día.

Porque decisións desta magnitude non poden adoptarse sen transparencia, sen información clara e sen o consenso da veciñanza.

Esta semana temos xuntanzas:

  • Mércores 4 de marzo:

Zona Avenida de A Coruña ás 20.30 horas en Café Bar Darío Avda de A Coruña, 298

  • Xoves 5 de marzo:
  • Zona Gándaras ás 20.30 horas en Local Parroquial (San Xosé s/nº)

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies