Seguridade

Que opina o alcalde de Lugo sobre o sistema de productividade polo que na policía local de Lugo se cobra máis por multar máis

By 31 Xaneiro, 2026Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a situación denunciada publicamente pola Policía Local e que se vai consentir que continúe o actual sistema de produtividade que se está a aplicar ou se, pola contra, pensa corrixilo.

Os populares lembran que foron os propios axentes quenes recoñecen que este sistema penaliza economicamente a quen non alcanza determinados niveis de sancións, unha cuestión que está a xerar malestar na plantilla e preocupación na cidadanía.

Ante esta situación o PP considera necesario que o alcalde dea explicacións públicas e que Miguel Fernández aclare se vai consentir que continúe un sistema que prioriza a cantidade de multas fronte á presenza nas rúas ou a atención directa á veciñanza.

Na previsión de ingresos por multas dos orzamentos de 2026 pasa da cifra de 2025 de 1.750.000 € a 1.850.000 €. Este aumento de aumento 100.000 € apunta a que se o Concello prevé ingresar máis por multas é porque asume que se vai multar máis, non que vaian desaparecer as infraccións polo que estamos a falar dunha forma encuberta de recadación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies