Sen categoría

PSOE e o BNG aproban os orzamentos sen ter en conta as alegacións dos representantes dos traballadores e da veciñanza

By 27 Marzo, 2025No Comments

Elena Candia interviu no primeiro pleno con novo goberno local, constituído tralo pasamento de Paula Alvarellos, cun discurso marcado polo respecto institucional e a responsabilidade, explicando que o Grupo Popular decidiu non presentar proposicións, preguntas e rogos para facilitar a reorganización do goberno local. “Esta decision foi fundamentada e coherente co sentimento que o impacto emocinal que nos provocou o falecemento da nosa alcaldesa e tamén o respeto o esforzo que calquer goberno ten que facer nunhas circunstancias tan excepcionais como estas” engadindo que “entendemos que debemos axudar a reorganizarse, dando tempo e sobre todo a reponerse”.

A pesar desta actitude construtiva, o novo alcalde e o seu equipo “perderon unha oportunidade para demostrar talante e diálogo ao rexeitar as alegacións que presentaron os representantes dos traballadores municipais e a veciñanza”.

A voceira popular dividiu a súa intervención en dous bloques o primeiro relacionado con propostas que afectan ás condicións laborais dos empregados públicos lamentando que votasen NON a demandas como a implantación efectiva da carreira profesional, ao reforzo das brigadas municipais de augas e vías e obras, a ampliación da xornada do persoal de servizos sociais e o cumprimento das sentenzas xudiciais sobre a plantilla”. Candia considerou “impensable” que un goberno que se define progresista rexeite melloras para os seus propios traballadores.

O segundo bloque recollía peticións veciñais varias relacionadas coa seguridade como a de facer beirarrúas en Virxe da Soidade o una contorna da Residencia de Maiores das Gándaras así como no tramo dp barrio da Ponte que comunica coa parte alta do barrio co cemiterio, a eliminación de tapóns urbanísticos en Escultor Asorei, a cobertura do parque infantil da Fonte dos Ranchos ou mellorar os servizos no rural (plan plurianual que permita dotar aos núcleos do rural de abastecemento; taxi a demanda; plan de reparacións; mantemento e desbroces das estradas; o vaciado das fosas sépticas.O rexeitamento a estas alegacións os populares o interpretan como que o goberno local dá as costas a necesidades reais da veciñanza.

A realidade política é que hoxe socialistas e nacionalistas aprobaron uns orzamentos sen ter en conta aos representantes dos traballadores co rexeitamento da sociedade e sen ter ningún tipo de consenso co grupo maioritario da corporación.

Estes orzamentos supoñen pedir un importante esforzo aos lucenses de hoxe xa que supuxo unha suba de imposto e tamén suporá un esforzo aos lucenses de mañá porque o goberno local está pendente da contratación dun novo crédito. “Está claro que os esforzos sempre se dirixen aos mesmos”, puntualizaba a popular.

A voceira popular asegurou que o seu Grupo seguirá traballando para que todas estas demandas non queden esquecidas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies