Sen categoría

PSOE e BNG volven demostrar que gobernan sen planificación, sen rumbo e con soberbia no proceso obrigado do cambio de contadores de auga

By 23 Setembro, 2025Sin comentarios

Socialistas e nacionalistas votaron en contra da proposición do Grupo Popular para que o Pleno se pronunciase sobre cales son os modelos de contadores que deben instalar os lucenses antes do remate do prazo legal

Non entendemos o silencio e a cerrazón do goberno local á hora de determinar con claridade que dispositivos teñen que instalarse. A falta de concreción e transparencia neste asunto non só xera incerteza nos veciños senón que provoca sospeitas de como se está a tramitar

O Pleno extraordinario sobre os contadores de auga volveu evidenciar a inacción do bipartito. PSOE e BNG votaron en contra da proposta presentada polo Grupo Popular para que o Concello aclarase dunha vez cales son os modelos de contadores que deben instalar os lucenses antes do prazo fixado pola normativa estatal, que remata en outubro.

Dende o ano 2020 xa se sabía que, por normativa estatal, os contadores de auga con máis de 12 anos tiñan que ser renovados ou verificados antes de outubro de 2025. Sen embargo, o único que fixo o bipartito foi improvisar, dar orde e contraorde, desinformar e xerar confusión, tanto entre a veciñanza como entre os profesionais fontaneiros que seguen sen instrucións claras.

A pesar do seu voto en contra, hoxe o bipartito viuse obrigado a recoñecer que é o Concello quen debe liderar este proceso, unha rectificación que só chegou pola presión do PP e pola nosa fiscalización constante.

Os populares concluen que “cando tes os deberes sen facer e a oposición che amosa os erros, o mínimo que se espera é rectificar, poñerse a traballar e pedir desculpas. Iso é o que define a humildade na política: saber recoñecer o erro e avanzar traballando”.

O PSOE e o BNG teñen a responsabilidade de gobernar, e téñena porque impediron que gobernase quen elixiron maioritariamente os lucenses. Agora tócalles exercer esa responsabilidade con seriedade e rigor, porque Lugo non pode seguir pagando a súa improvisación e a súa falta de xestión.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies