
• Os lucenses que saber que nos orzamentos para o vindeiro exercicio incumpren a estabilidade orzamentaria, que faltan 10M € mesmo despois de contratar un préstamo de 19 M€ e que, lonxe de conter o gasto, increméntanno en case un 5%
• “As consecuencias deste orzamentos é que os lucenses de hoxe pagan máis por peores servizos e hipotécanlle o futuro aos lucenses de mañá”
Os presupostos do Concello de Lugo para 2026 chegan FÓRA DE PRAZO, ademais, INCUMPREN O OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, cun resultado negativo de -10.025.286 euros, así o confirma o informe de Intervención municipal na páx. 8 e que di textualmente “o proxecto de orzamento xeral para o ano 2026 NON CUMPRE coa estabilidade orzamentaria”
E tamén se INCUMPRE A REGRA DE GASTO, tal e como advirte este documento técnico afirmando na pax 11 que “cos datos provisionais empregados o Concello non cumpriría a regra de gasto na elaboración do orzamento 2026”.
Isto significa que o Concello gasta máis do que pode e do que permite a normativa, sen unha planificación financeira responsable.
A situación da débeda é outro dos puntos a analizar: Lugo terá unha débeda viva de 40.218.000 €, tras programar unha nova operación de crédito por 17.858.000 €, o que supón un 36% de endebedamento.
Tal e como veñen advertindo os servizos de intervención está desaparecendo o aforro neto orzamentario e no ano 2026 reflexa magnitudes negativas dado que o Concello dilapidou este aforro neto, que pasa a ser negativo en máis de 3,6 millóns de euros (-3.593.078 €), cando xa en 2025 era mínimo. (pax. 12)
Especial relevancia ten a forma na que se financian os investimentos previstos cunha dependencia case total dos créditos: unha pírrica parte recursos propios de 19.3 M€, 17.7 proceden dun préstamo
Aquí podemos recordar que en tres anos prometeron investimentos por 26,1 millóns de euros e que
• Máis de 19,4 millóns quedaron sen executar
• O 74,59 % dos investimentos anunciados non se fixeron
No ámbito das SUBVENCIÓNS, incrementáronse as partidas nominativas de 1,1 a 1,4 millóns, desoíndo novamente os informes técnicos.
Nun contexto no que o goberno local presume de orzamentos sociais,
evidenciase unha desigualdade no reparto das SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS.
Unha única actividade da asociación veciñal recibe unha axuda 8 veces máis que entidades como ALUCEM, asociación do Cancro ou a Asociación Galega de Hemofilia; ou ALCER; ou o dobre que recibe a Xunta de Confrarías para a organización dos actos de toda a Semana Santa
Na páx 17 desoíndo as recomendacións de intervencións “continuan incrementando de 1.158.200 pasa a 1.446.586 € desviandose da recomendación de intervención xeral en detrimento da participación e da concurrencia competitiva e cun Plan Estratégico de Subvencións caducado.
Ao mesmo tempo, non se recollen previsións suficientes en persoal para atender necesidades básicas de contratación temporal, o que afecta directamente á calidade dos servizos públicos.
En materia de GASTO, increméntanse os custos en bens e servizos a pesar das advertencias expresas de Intervención que na páxina 15 di que “ten lugar un incremento relativamente significativo dun 4,25%).
O propio informe tampouco confirma que vaia a prorrogarse o CONTRATO DO AUTOBÚS URBANO, xerando máis incerteza na planificación dun servizo esencial para a cidade así se indica no informe de intervención na páx 16 “debe lembrarse que este contrato remata a súa duración original nesta anualidade polo que deberá estarse atento á súa posible prórroga ou nova licitación e as consecuencias económicas que pudieran ter calquera delas”. Hai que lembrar que o BNG comunicou, no pleno do Debate do Estado da Cidad,e que o Concello non ía utilizar a prórroga do contrato do bus urbano, que tería que entrar en vigor en indicando que sacará a contratación o servizo para mellorarlo.
Os populares ademais de advertir da necesidade dun control de gastos e indican que no docuemnto de intervención se confirma que se dilapidaron os remanentes doutros anos e isto supón que xa non lles queda un colchón para imprevistos nin para investimentos sen endebedarse.
Ingresos
Ingresa catro veces máis por multas que por IBI rústico. Imposto indirecto
Previsión de Ingresos por multas (implantación Zonas Baixas Emisións). Pasa de 1.750.000 € a 1.850.000 € (aumenta 100.000 €)
PLAN INVESTIMENTOS 2026 .-
Partidas que anuncian e logo borran: Eliminación de tapóns urbanísticos
210.900 € (2024) → 0 € en 2025 → 0 € en 2026
Recuperan proxectos “cando rectifican acertan” .- aparecen 450.000 € para un aparcadoiro no Parque de Enerxías Alternativas do CEAO ou 150.000 euros para limpeza de fosas sépticas
Tres anos repetindo orzamentos para os mesmos proxectos:
Mellora das instalacións de bombeiros (2023 e 2024 poñían 121.000 € e agora aumenta a partida a 189.415,43 €)
