Transporte urbanoUrbanismo

O PP pide ao goberno local a colocación dunha marquesina de bus na Calzada das Gándaras

By 1 Xullo, 2018Xullo 2nd, 2018No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide asegura que nas Gándaras hai puntos nos que non hai marquesinas para esperar polo bus urbano, como sucede na Calzada das Gándaras, á altura da Residencia da Terceira Idade, onde os veciños teñen que esperar “nun lodazal” nos meses de inverno

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anunciou que pedirán a Lara Méndez a colocación dunha marquesina de bus urbano na Calzada das Gándaras para facilitar á espera polo autobús aos veciños que fan uso do transporte público.

Antonio Ameijide explica que nesta parada, situada na Calzada das Gándaras fronte á Residencia da Terceira Idade, os veciños que collen neste punto o transporte urbano teñen que facelo nun “auténtico lodazal”, durante os meses de inverno, e , nos meses de verán, “á sombra ou ao sol, segundo a hora do día”.

Por iso, o grupo popular pedirá ao goberno local que instale unha marquesina de bus neste punto, para facilitar a espera aos veciños da zona e tamén para protexelos das inclemencias meteorolóxicas cando teñen que sufrilas.

Segundo o voceiro popular isto non fai máis que acreditar a “despreocupación total” de Lara Méndez no que se refire ao transporte urbano, xa que “levamos máis de dous anos agardando” pola anunciada renovación do sistema de transporte urbano de Lugo e da que “aínda non fixo nada”.

Antonio Ameijide recorda que o seu grupo sempre estará disposto a axudar na renovación do sistema de transporte urbano e que ten preparadas unha serie de medidas que servirán para mellorar o servizo que actualmente teñen os lucenses. Entre estas medidas está a gratuidade dos autobuses urbanos para menores de idade, persoas con escasos recursos, xubilados e pensionistas (unha proposta do PP aprobada en pleno), o establecemento de tarifas planas para uso diario ou á creación de bonos semanais, mensuais e mesmo anuais para traballadores; así como a outras que, “sendo menores si mellorarían sensiblemente o atractivo dos autobuses urbanos, como a asimilación a un plano de metro ou a identificación das liñas por cores”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies