Sen categoría

Pleno de setembro: PSOE e BNG, entre bandazos e anuncios, deixan as cousas sen facer e con mínimos avances para Lugo

By 29 Setembro, 2025Sin comentarios

Un pleno máis, quedou demostrado que este goberno vive de anuncios que non se materializan e se  volveu a poñer en evidencia a falta de xestión do PSOE e do BNG en Lugo: improvisación, anuncios baleiros e a incapacidade de cumprir coa súa palabra.

Incendios: pedir aos demais o que non fan eles

O goberno local presentou propostas en materia de incendios que supoñen impoñer deberes a outras administracións cando recoñecen que eles mesmos non cumpren coas súas propias competencias. Admitiron abertamente que non o fan porque “suporía dispoñer de máis recursos” e non están dispostos a asignalos.

Votos en contra a TRES PROPOSICIÓNS do PP

O PSOE e o BNG rexeitaron as catro propostas que presentamos no pleno

  • Servizo de Axuda no Fogar (SAF): poñéronse de perfil ante os dereitos das traballadoras e a necesidade de mellorar a calidade dun servizo que recoñeceron é competencia municipal.
  • Seguridade cidadá: votaron en contra de traballar para que Lugo sexa unha cidade máis segura. Rexeitaron a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción que permitiría incorporar unha vintena de axentes altamente cualificados. Tamén confirmamos que seguimos sen avances sobre a nova Comisaría da Policía Nacional. Pasou case un ano dende que, en outubro de 2024, o Concello cedeu os terreos de Abella ao Estado para construír a nova sede, pero non hai noticias do Ministerio do Interior. A seguridade dos lucenses non pode seguir esperando.
  • Infraestruturas rurais: tamén votaron en contra de reparar a ponte entre Pedreda e Rubiás, malia que o actual alcalde, sendo concelleiro de Obras, asegurara en novembro de 2023 que a reparación era posible e que había cartos dispoñibles. Hoxe demostran que a palabra dada non vale nada.

Sen respostas, sen avances

O máis chamativo do pleno foi a resposta —ou mellor dito, a falta dela— ás preguntas que formulamos:

  • Sen data para a entrega das escrituras da Croa.
  • Sen data para recuperar a actividade da Escola Municipal de Música.
  • Sen data nin información sobre o proxecto de rexeneración do barrio do Carme, anunciado en 2024.
  • Sen avances para que Lugo sexa sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o único que fixeron foi pedir unha entrevista coa Ministra de Sanidade… que aínda non está sequera pechada.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies