
O Grupo Popular de Lugo lamenta que o goberno local esgotara o prazo legal sen facilitar o acceso ao expediente solicitado sobre o presunto caso de acoso laboral denunciado por seis traballadoras sociais municipais contra a concellalía de Servizos Sociais.
O edil popular, explicou que o pasado 2 de outubro o PP rexistrou unha petición formal para consultar a documentación, “porque se trata dun asunto de extrema gravidade que afecta a empregados públicos municipais e á credibilidade do concello”.
“Onte remataba o prazo legal de cinco días e non recibimos ningunha información. Falamos dun tema moi serio, e non é comprensible que o goberno actúe con esta opacidade. A transparencia é a primeira mostra de respecto, tanto ás traballadoras afectadas como á propia cidadanía”.
O alcalde ten que asumir a súa responsabilidade
Os populares lembran que o propio alcalde, tras facerse pública a denuncia, declarou que se ofrecía a mediar entre as partes. “Pois ben, esa mediación non pode facerse a cegas. É un conflito que está xa na súa mesa e que require decisión política, non silencio administrativo”.
Dende o PP poñémonos tanto a disposición das traballadoras como tamén da concelleira. Non imos facer xuízos sen coñecer os feitos, pero o que non pode haber é falta de transparencia nin deixadez ante un asunto desta gravidade.”
Pésima xestión de persoal
O PP lembra que xa advertira ocasións da falta dos problemas de comunicación e da falta de planificación nos servizos sociais, e lamenta que este non sexa un feito illado senón unha consecuencia máis da nefasta xestión do persoal municipal.
No pleno ordinario do mes de xuño advertimos públicamente da ruptura total de comunicación entre as traballadoras sociais e a concelleira, unha situación da que o goberno local foi plenamente consciente e á que nunca deu resposta a pesar da gravedade que conlevaba.