
Logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitise a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo Partido Popular, fronte ao intento do bipartito PSOE-BNG de aprobar o Plan de Mobilidade sen debate en pleno nin as garantías xurídicas necesarias, o Goberno local vese obrigado a abrir un prazo de alegacións ao documento.
– Elena Candia:“As decisións que afectan directamente aos lucenses non poden adoptarse sen transparencia, e sen consenso como pretendían. A apertura onte dun prazo de alegacións ao documento certifica que o PMUS non estaba aprobado definitivamente, e que Rubén Arroxo faltou á verdade no pleno
– Co ánimo de que os veciños poidan presentar as súas suxestións ao PMUS, con información e criterio antes do 18 de Marzo, o Partido Popular impulsará unha campaña informativa nas zonas máis afectadas
– Trátase dun asunto de máxima relevancia para a veciñanza, xa que o Plan de Mobilidade condicionará o tráfico, o aparcamento, e en definitva a actividade económica da cidade prevendo, entre outras cuestións, cuadriplica o carril bici (creación + 47 novos quilómetros) e eliminar centos de prazas de aparcamento en superficie.
O 5 de decembro explicamos en rolda de prensa que o novo Plan de Mobilidade certificaba que o modelo do PSOE e do BNG fracasou. Na nosa comparecencia abordamos varias cuestións, entre outras que o propio documento fai unha comparativa do ano 2014 e confirma que os desprazamentos a pé pasaron do 54 ao 32% (pax 25); que o uso do transporte público non chega ao 6% (p.10).
Tamén desevelamos como as medidas que queren poñer en marcha o PSOE e BNG: pretenden reducir o uso do coche (do 61 ao 44% – p22); eliminar posiblidade de acceso en determinadas vías e prazas de aparcamento e cuadriplicar o carril bici (p.45 ) en zonas como Fontiñas e Ramón Ferreiro. Asemesmo destacábamos como na parte económica do plan: dos 29 millóns de investimento previsto non figura ningún orzamento para aparcadoiros
No pleno do 26 de decembro de 2025 o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que o Plan de Mobilidade Urbana Sostible estaba aprobado definitivamente por acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o 3.12. 2025. As palabras textuales de Arroxo na súa intervención foron: “O Pleno o que aproba é a ordenanza da zona, é así, e que aproba o PMUS é a Xunta de goberno”.
O que sucedeu coa súa tramitación é que tiñan planificado o procedemento, tiñan secuestrado o seu contido. Precisamente foi esa falta de transparencia e a negativa a dar participación á cidadanía polo que levamos este asunto aos tribunais xa que entendemos que “se trata dun documento de gran relevancia, que condiciona o futuro da mobilidade da cidade, e que debía aprobarse no pleno municipal e contar co correspondente período de exposición pública”.
Obrigamos a PSOE e BNG a facer un exercicio de transparencia
Por tanto, á vista da irregulariedade cometida, o PP presentou un recurso contencioso-administrativo (22.01.2026), que foi admitido a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia(10.02.2026), co ánimo de defender a legalidade e garantir os dereitos de participación dos lucenses na elaboración do PMUS.
Trala nosa acción denunciando que a aprobación dun Plan de Mobilidade non corresponte á Xunta de Goberno Local, senón ao pleno municipal, o Goberno local viuse obrigado a rectificar.
O domingo día 15 de febreiro se informa mediante un anuncio en prensa que se va a dar publicidade ao documento, o mércores 18 de febreiro se publica no BOP a actualización do PMUS e se abre un prazo de exposición pública de 20 días hábiles que remata o vindeiro 18 de Marzo.
Esta actuación certifica que ou ben mentiron cando se iniciou esta tramitación ou ben están rectificando xa que o PMUS está pendente de aprobación definitiva.
Ademáis o anuncio publicado é contraditorio xa que di “aprobó a actualización do Plan” pero á vez tramita a “información pública”. É dicir ou está aprobado e entón este trámite de alegacións é un trampatojo para enganar á cidadanía dando unha apariencia de participación nun documento xa aprobado ou ben faltou á verdade no pleno.
Que intentaba agochar o goberno?
A urxencia por aprobar o PMUS sen debate público só se entende polo seu contido. O Goberno de PSOE e BNG pretendía evitar que os lucenses coñecesen o alcance real do plan e puidesen presentar alegacións.
Entre as medidas que se intentan impor sen participación cidadá destacan:
- A creación de máis de 35 quilómetros de novos carrís bici
- A eliminación de centos de prazas de aparcamento en superficie.
- A reorganización do tráfico con consecuencias directas para barrios e actividade económica
- 15 peonalizacións illadas que non forman parte dun modelo de cidade e que en vez de dar solucións complican a vida da veciñanza
- Cero euros no orzamento do Plan para facer aparcadoiros
Reunións informativas
Desde o PP actuamos con responsabilidad xa que o PMUS é un documento moi importante e ten unha gran trascendenia na organización da mobilidade.
Por iso convocaremos reunións informativas en diferentes barrios para explicar o contido e facilitar que os lucenses participen con información e criterio e poidan presentar as súas suxestións ao Plan de mobilidade antes do 18 de marzo.
A primeira das oito xuntanzas programadas antes de que se peche o prazo para que a cidadanía presente alegacións terá lugar para o vindeiro xoves ás 20.30 horas no Mercure na que se analizará a mobilidade da Avenida Ramón Ferreiro, rúa Armórica; Marina Española; Illa de Man; Estrada da Granxa ; Xosé Castiñeira; Alfonso X El Sabio; Avenida de Magoi; Avda de Madrid.
