
O PP analiza os 10 informes dos que se dan conta mañá no pleno especialmente o relativo ao control financiero dos contratos prorrogados tácitamente unha ver esgotado o prazo convencional de duración durante o ano 2024
- O informe constata a falta de colaboración con intervención e lle recorda que é un deber e cando non ocorra, o titular da área debe proceder a adoptar as medidas correctoras oportunas, confirmando que despois de infinidade de reparos hai unha falta de interese por subsanar esta situación
- En segundo lugar, detectan prestacións que levan dende anunalidades tales como as do 2012, 2018 e 2019 sen realizar ningún trámite para subsanar esta situación especialmente en servizos como medio ambiente, infraestruturas, informática …
- En terceiro lugar, recorda os principios que regulan a contratación pública “liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia nos procedementos, e non discrimnación e igualdade de trato entre os licitadores co obxectivo de garantir unha estabilidade orzamentaria, control de gasto ou principio de integridade e unha eficiente integración dos fondos públicos. Obriga primeiro a definir as necesidades e despois dárlle solución en procedementos de libre concurrencia á oferta máis vantaxosa
- O incumprimento de todo esto afecta a situación económica do Concello, xa que moitos dos contratos caducados, a súa facturación, recolle os custos que cada empresa considera que supuxo a prestación do servizo/subministración sen que concurra a opción de que outros licitadores poidan acceder a estes contratos e conseguir un axuste dos prezos
- Este informe tamén advirte que todas estas facturas son obxecto de disconformidade formulándose reparo, especialmente debido aos casos de omisión, no expediente dos requisitos ou trámites esenciais.
- Ata o de agora, constan moitos decretos de resolución de discrepancia sen constancia de ningunha actuación en aras á resolución desta problemática
- O máis importnate de todo isto é a advertencia dos servizos municipais de que estas accións ou omisións ten efectos de asunción de responsabilidades “a DA 28 da LCSP sinala que “1ª responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das Administracións Públicas derivada das súas actuacións en materia de Contratación Pública, tanto por danos causados a particulares, como a propia administración esixirase conforme ao disposto na lei … recordando que no caso de persoal ao servizo das administracións dará lugar a responsabilidade disciplinaria e recolle tamén o 78.1 da LRBRL apuntando aos membros das corporacións locais que “están suxeitos a responsabilidade civil e penal”.
- O PP indicou que resultou sorprendente a sobreactuación coa que reaccionou o BNG cando, o 6 de novembro , fixemos público un decreto asinado polo alcalde, no que di que non vai a pagar unha factura que aprobou Arroxo porque non se acreditaba a realización do servizo, indicando que esta teatralización “foi froito do nerviosismo xa que sabían que detrás deste caso viñan moitos outros” e, sobre todo, cando os informes apuntan a cultura como un dos departamentos da “falta de colaboración e/ou obstrucción “ co traballo de intervención
Perxudicando á economía local
- Sobre a alerta de que determinados asesores deciden, e negocian desde hai anos, contratos en termos que poden afectar á libre concurrencia.
- Na paxina 9 do informe destácase que “nos últimos anos este proceso de negociación inherente á contratación dos eventos que se programan no Auditorio Gustavo Freire … ven efectuando por parte dun asesor do Gabinete da concellería” e continúa indicando que se contratan prestacións “sen que as prestacións a realizar se correspondan exactamente coas definidas.
- Na páxina 10 tamén se incide en que “no auditorio Gustavo Freire, concorre ademais outra importante particularidade, como é a baixa por xubilación da persoa encargada do control e mantemento do auditorio, sen que ata o de agora se tivese efectuada a súa substitución, a pesar das reiteradas peticións ao Servizo de Persoal.
- “Por dito motivo, a titular do anterior contrato, é a única que coñece o estado e o funcionamento das instalacións e ven realizando, eso sí, a apertura e peche das mesmas e a prestación da asistencia técnica, conforme aos prezos que rexían o mencioando contrato, ainda que os traballos non se axusten exactamente aos estipulado”.
OUTROS DATOS
- Segundo o documento, en 2024 pagáronse 9.822.406 € con contratos caducados, o que representa aproximadamente o 8% do orzamento municipal, advertindo, ademais de que se trata unicamente dunha mostra aleatoria, polo que a situación real podería ser moito máis grave.
- Hai que tamén resaltar os informes desfavorables do Plan Estratéxico de Subvencións e o informe, tamén desfavorable, de Evislusa.
FALTA DE XESTIÓN
- No informe definitivo de control financiero de analise do expedientes de devolución de garantías nos contratos celebrados no exercicio 2024, comprobouse que existen 366 garantías constituidas entre os ejercicios 2005 e 2023 ambos incluídos por importe de 12.347.640 das que ainda non se ten tramitado a súa devolución ou cancelación.
