Sen categoría

Os lucenses merecen un auga de calidade e unha xestión responsable: pedimos explicacións pola sanción por falta de cloro e melloras no servizo

By 28 Marzo, 2025No Comments

A xestión da auga en Lugo preocupa á veciñanza “é inaceptable o silencio do goberno local ante a sanción polos problemas de potabilización que vimos de coñecer, pola falta de axilidade na reparación de fugas e as privatizacións improvisadas”

A voceira do Grupo Municipal do PP, Elena Candia, denunciou hoxe a xestión “precaria e improvisada” do goberno local no ciclo da auga. Candia puxo o foco nas preocupacións reais dos lucenses: a calidade da auga e a axilidade na reparación de fugas. “O concello non pode escudarse na falta de financiamento cando ingresou 34 millóns de euros en recibos de auga e sumidoiros na última década”, afirmou.

A popular cualificou de “moi grave” a sanción imposta ao concello por incumprir os niveis mínimos de cloro, xa que afecta directamente á saúde pública. “Non só é preocupante a sanción en si, senón que o goberno local nin sequera presentou recurso para defenderse. E, casualmente, poucas horas despois de recibir a notificación, adxudicaron un contrato para monitorizar a calidade da auga”, advertiu.

O contrato de monitorización da calidade da auga saiu a licitación o 18 de xuño de 2024 e tardaron case un ano en adxudicalo. “Queremos saber que pasou neste período e quen estivo prestando ese servizo de monitorización”, engadiu.

A popular dixo que outra asignatura pendente é a da reparación de fugas que se contratou recentemente cuxo servizo é mellorable. “O último exemplo vímolo recentemente en Fermín Rivera, onde o retorno que nos deron os veciños é que se tardou en reparar máis de 24 horas, polo que o servizo é mellorable”.

“Todo isto sucede nun contexto no que os lucenses están pagando máis no seu recibo da auga sen ver ningunha mellora no servizo. Pagar máis por menos calidade é inaceptable”, afirmou.

Finalmente, Candia instou a Miguel Fernández a tomarse en serio a xestión da auga, lembrando que tivo responsabilidade directa nesta área durante anos. Tamén subliñou que o ciclo da auga en Lugo leva 13 anos funcionando con contratos caducados: o da EDAR rematou en novembro de 2011 e o da ETAP en febreiro de 2012. “Non é de recibo que un servizo municipal esencial estea nesta situación de abandono por parte do goberno de Lugo”, concluíu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies