
Os populares comparten esta reflexión de consenso entre institucións e lembran que xa pediron sumarse a este pacto en dúas ocasións neste mandato (xullo de 2023 e decembro de 2024)
A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo celebrou esta mañá un encontro sectorial co ámbito deportivo do municipio, no que participaron arredor de medio cento de representantes de clubs e entidades, co obxectivo de escoitar as súas necesidades, compartir propostas e reforzar unha relación directa e fluída co tecido deportivo do municipio.
Elena Candia compartiu a petición dos clubes que defenderon a necesidade de buscar solucións prácticas para contar con máis espazos para o deporte e que avogan por chegar a os acordos coa Consellería de Educación para permitir o uso das instalacións escolares fóra do horario lectivo. O Grupo Municipal levou a proposta de adherirse ao convenio coa FEGAMP en varias ocasións ao pleno sen contar co respaldo do goberno local.
Desde o Grupo Popular tamén salientaron tamén a necesidade de mellorar o mantemento das instalacións deportivas municipais para garantir a práctica segura do deporte, e puxeron sobre a mesa o potencial do turismo deportivo como oportunidade de desenvolvemento para o municipio.
O PP de Lugo reafirma con actos coma este o seu compromiso cun deporte lucense que necesita planificación, infraestruturas axeitadas e unha administración que escoite e acompañe aos clubs e deportistas.
Na reunión se avanzaron as convocatorias das próximas axudas que outorgará a Xunta e os asistentes aplaudiron a axilidade na tramitación e a planificación por parte da administración autonómica sendo moito máis críticos con outras administracións.
Pola súa parte o responsable da área de Deportes, Damián Carballo, subliñou o peso estratéxico que o deporte ten no proxecto político do Partido Popular e a importancia destes encontros de escoita activa que se veñen desenvolvendo de maneira periódica con diferentes sectores.
