Sen categoría

O TRABALLO CONXUNTO ENTRE VECIÑOS, XUNTA DE GALICIA E O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR CONSEGUE A APERTURA DO APARCADOIRO DOS IES VIRXE DOS OLLOS GRANDES E LUCUS AUGUSTI

By 6 Agosto, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular celebra a apertura dos aparcadoiros dos institutos de Lugo, unha demanda histórica da Asociación de Veciños Parque de Rosalía-Recatelo que, por fin, ve cumprida gracias ao traballo constante e á insistencia deste grupo que defendeu esta necesidade dende o primeiro momento.

· O aparcadoiro abrirá en horario compatible coa actividade docente e de xeito seguro

· O Partido Popular contribúe deste xeito a dar solucións aos problemas de mobilidade orixinados pola xestión de PSOE e BNG“Dende que recibimos esta petición veciñal, comprometémonos a buscar unha solución efectiva e áxil. Durante meses, fomos testemuñas de como o goberno local intentaba desviar responsabilidades cara á Xunta de Galicia, escudándose en supostos atrasos administrativos. Porén, os feitos demostraron que a falta de dilixencia estaba unicamente na súa “casa””, indicou a voceira popular, Elena Candia.

En canto o goberno local convocou as Xuntas Locais de Seguridade pertinentes e aprobou os convenios da súa competencia, os trámites avanzaron con axilidade. De feito, a sinatura dos convenios tivo lugar na Xunta Local de Seguridade do pasado 18 de xullo e, pouco máis de 15 días despois, asistimos á apertura dun espazo moi necesario para o barrio, como tamén o é para moitas outras zonas da cidade que sofren unha grave carencia de prazas de estacionamento.

“Esta actuación supón unha mellora importante para o día a día da veciñanza, e dende o Grupo Popular seguiremos traballando con responsabilidade e compromiso para dar resposta ás necesidades reais de Lugo, sempre coa man tendida ao diálogo e cunha actitude proactiva e resolutiva”, destacan os populares.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies