Cultura

O rodillo do BNG deixa fóra todas as propostas que presentou o PP para mellorar as festas do San Froilán

By 31 Agosto, 2020No Comments

A concelleira popular Beatriz Vázquez tamén lamenta que os nacionalistas “non teñan ningún estudo económico para organizar as patronais e lembran que o grosso dos ingresos desaparecerá ao non haber casetas, nin barracas”

A concelleira popular Beatriz Vázquez tamén lamenta que os nacionalistas “non teñan ningún estudo económico para organizar as patronais e lembran que o grosso dos ingresos desaparecerá ao non haber casetas, nin barracas”

Os populares acusan ao BNG de dar, por pechados, temas das festas e de evitar buscar os consensos propios dunha comisión como é a das patronais de Lugo. A concelleira popular Beatriz Vázquez facía esta reflexión logo da reunión que se celebrou hoxe, a segunda que se convocou en todo este ano para organizar o San Froilán.

“Lamentablemente non cambian de mentalidade e aplican unha política de rodillo abrumadora deixando fóra todas as propostas que presentamos”, explicaba a edil popular. “Resulta indignante que a falta de coherencia dos do BNG que cando estaban na oposición pedían participación real nesta comisión e que, agora que a presiden, actúan baixo o guión do ordeno e mando, sen dar opción a que outros grupos políticos participen.

“No tocante ao pregoeiro e o oferente pensamos que sería moito máis democrática unha fórmula rotatoria para designalos, un método que se negan a aceptar para seguir impoñendo o seu criterio”, explicou Vázquez.

Os populares explican que os nacionalistas “pretenden con un par de reunións pretenden dar carpetazo á participación aplicando o seu único criterio para patrimonializar as patronais de Lugo”. Vázquez lamenta que os nacionalistas “non teñan ningún estudo económico para organizar as patronais e lembran que o grosso dos ingresos desaparecerá ao non haber casetas, nin barracas” co que agarda que alomenos non haxa pérdidas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies