
O concelleiro responsable da área de xuventude do PSOE, Jorge Bustos e alcaldía frearon, en 2025, a asistencia a un evento en Madrid que contaba, a petición das asociacións de recreación histórica, coa colaboración da Xunta de Galicia coa escusa de gardar esforzos para un “gran acto” internacional
A cancelación da viaxe institucional a Lisboa delata a falta de palabra, a desorganización e a nula xestión do goberno local cunha festa declarada de Interese turístico internacional e que este ano chega a súa 25 edición
Os populares lamentan que os socialistas segan empeñados en secuestrar unha festa que é de todos e insisten en que é preciso sumar esforzos e asegurar que Lugo estea presente onde lle corresponde” afeando ao goberno que teña “secuestrado un patrimonio que pertence a toda a cidadanía”
Non se trata dun feito illado. O ano pasado o concelleiro de xuventude, Jorge Bustos e alcaldía frearon un evento de promoción do Arde Lucus en Fitur que contaba, a petición das asociacións de recreación histórica, coa colaboración da Xunta de Galicia, alegando que estaban preparando algo GRANDE para 2026. Pasou FITUR… e non houbo nada. Iso si, coincidindo coa feira, anunciaron outro acto GRANDE en Lisboa.
E agora vimos de coñecer que tampouco haberá promoción na capital portuguesa.
Para o PP, esta colección de anuncios incumpridos deixa en evidencia ao goberno local “non ten palabra; non hai ten unha estratexia real nin unha planificación seria para promocionar o Arde Lucus”
Para a voceira do Grupo Popular Elena Candia “é preciso sumar esforzos e asegurar que Lugo estea presente onde lle corresponde” afeando ao goberno que teña “secuestrado un patrimonio que pertence a toda a cidadanía”
