Sen categoría

O problema do San Froilán non é a falta de diñeiro, senon quen o xestiona

By 7 Agosto, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o BNG continúe a instalarse na confrontación coa Xunta de Galicia no canto de asumir as súas responsabilidades como forza que goberna o Concello de Lugo.

Fronte ao discurso victimista do Bloque, os datos oficiais da derradeira Conta Xeral aprobada reflicten que diñeiro para o San Froilán hai, e moito: O San Froilán 2023 custou 1.189.442 euros aos lucenses, segundo os propios datos do Concello.

De verdade queren facer crer á veciñanza que o San Froilán non conta con recursos? O problema non é a falta de financiamento, senón a falta de capacidade para xestionalo correctamente.

Ao BNG séntalle mal que a Xunta esté a traballar por Lugo, porque desmonta o seu descurso victimista. Por iso, en troques de agradecer o compromiso ou de prantexar unha colaboración institucional leal, prefiren seguir buscando excusas para confrontar cun Goberno autonómico que está a cumprir.
Non solicitaron axuda á Xunta para o San Froilán, pero si usan á Xunta como coartada para tapar a súa incapacidade de xestión e seguir alimentando unha polarización artificial.

Se o San Froilán non é mellor, non é porque falten cartos, é porque sobra improvisación e falla un proxecto serio para Lugo. Andar a queixarse da suposta falta de colaboración da Xunta (á que non lle comunicaron xamáis a necesidade de dita colaboración) non é máis ca fume para agochar a súa falta de xestión, o seu esgotado proxecto e as súas componendas (que logo teñen que amañar aprobando facturas con reparos de intervención).

Desde o Partido Popular de Lugo reiteramos que o noso compromiso é con Lugo e coa súa veciñanza, e seguiremos a esixir unha xestión transparente, eficiente e centrada no que realmente importa: ofrecer unhas festas á altura dunha cidade como Lugo.

Lugo merece máis: Lugo precisa un cambio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies