
Agustín Gallego recorda todas as deficiencias rexistradas nesta infraestrutura cultural e doutras salas museísticas e acusa ao BNG de falta de xestión e de ter abandonados e sen contido as diferentes salas museísticas con recursos interactivos fóra de servizo e numerosos problemas de mantemento
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a situación “extremadamente grave” do Centro de Interpretación da Muralla, despois de que o concello se vise obrigado a pechalo debido a unha praga de roedores.
Para Agustín Gallego esta situación resume á perfección o modelo do goberno local de Lugo que “non traballa, non cumpre e tampouco coida do que é de todos. Só se activan para confrontar coa Xunta mentres son incapaces de garantir o mantemento básico dunha sala que explica a esencia da nosa Muralla. É unha falta de respecto ao noso patrimonio e á imaxe que Lugo proxecta ao exterior”
O problema vén de lonxe e o Concello sabíao
Segundo a documentación á que tivo acceso o PP, o 15 de outubro rexistrouse unha incidencia alertando de que vuelve a haber “mucho ruido de ratas” e da “aparición de novos agujeros”.
Lonxe de tratarse dun episodio puntual, a revisión do 17 de novembro confirma novamente a presenza de roedores, o que demostra dúas cousas: Primeiro, que o problema vén de lonxe,e, en segundo lugar, que o goberno local non tomou medidas efectivas nin urxentes para protexer o espazo que é a porta de entrada e información dos turistas que nos visitan.
“É inaceptable que Lugo dea esta imaxe cando o Centro de Interpretación debería ser un espazo emblemático e unha referencia para quen nos visita”, afirman os populares que lembran que ademáis da oficina de turismo nas dúas plantas superiores está o Centro de Interpretación da Muralla.
Outras deficiencias detectadas no Centro de Interpretación da Muralla, e denunciadas polo Grupo Municipal a través do seu concelleiro Agustín Gallego son:
• Medios dixitais e recursos interactivos fóra de servizo, sen actualización nin mantemento.
• A última revisión do aire acondicionado realizouse en 2023, quedando pendente a reparación dun problema no sistema de extracción de fumes, que nunca se chegou a solucionar.
• O sistema contra incendios está desactivado desde 2020 e o edificio carece de alarma antiincendios, unha irregularidade moi grave tratándose dun espazo público con afluencia de visitantes.
• As luces de emerxencia non funcionan en ningunha planta, deixando o edificio sen sinalización luminosa en caso de necesidade.
• Numerosos focos están fundidos e non se substitúen, afectando á iluminación básica da exposición.
O edil do PP explicou que a situación do Centro de Interpretación da Muralla non é unha excepción, levamos moito tempo advertindo do deterioro dos museos municipais e esiximos unha acción inmediata que contemple:
• Unha revisión técnica integral de todos os museos municipais.
• Un plan de mantemento preventivo estable, calendarizado
