Sen categoría

O PP únese ás denuncias da veciñanza de Ponte Romai e Casas Vellas e reclama “unha actuación urxente para eliminar un vertido de augas fecais no Rato, así como asegurar a rúa na que está que podería colapsar”

By 4 Marzo, 2026Sin comentarios
  • Os populares critican a pasividade, a falta de xestión e a incoherencia ambiental do goberno local, nun caso grave para o medio natural e para a seguridade das persoas xa que na vía onde está o vertido abriuse un gran burato e a vía está a piques de colapsar

O Grupo Popular únese á reivindicación da veciñanza de Camiño Romai e Casas Vellas que acredita o abandono, a falta de xestión e o falso respecto polo medio ambiente do goberno local de Lugo.

No cruce de Casas Vellas, Ponte Romai e rúa Catón, reventou un colector hai máis de medio ano. Desde entón prodúcese un vertido continuo de augas fecais ao río Rato. Unha situación inaceptable desde o punto de vista medioambiental.

Pero ademais hai un problema engadido de seguridade. Na rúa Catón existe un socavón coa rúa agretada que podería ceder en calquera momento e colapsar a vía neste tramo. Falamos dunha rúa con tráfico habitual, utilizada como acceso ao polígono do Ceao desde Ponte Romai.

Os veciños presentaron senllos escritos no Concello e na Confederación Hidrográfica do Norte advertindo da situación. A única resposta do goberno local foi colocar unhas vallas que son insuficientes para garantir a seguridade.

O PP presentará un rogo a pleno para que se solucione de forma urxente esta situación xa que “non se pode mirar para outro lado ante un vertido fecal a un río e ante un risco evidente para vehículos e persoas. Esiximos unha actuación inmediata para reparar o colector, eliminar o vertido e asegurar a vía”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies