Servizos sociaisTransparencia

O PP suspende ao goberno local en conciliación e alerta de recortes e despidos en servizos esenciais para as familias

By 3 Xullo, 2025No Comments

Dentro da rolda de visitas que o Partido Popular está realizando a diferentes servizos municipais, a voceira do PP Elena Candia e a concelleira Mar Carballas, visitaron esta mañá a Escola Infantil Gregorio Sanz onde puideron coñecer de primeira man a situación das instalacións: “vimos de comprobar os problemas que ten a Escola Infantil Gregorio Sanz e non podemos máis que esixir unha actuación urxente”
Desde o Grupo Popular consideran que o que ocorre nestas instalacións, con importantes problemas de climatización, lembrando que esta semana no seu interior soportaron as 8.30 horas da mañá temperaturas de 30 graos, non é unha cuestión illada senón que “é unha mostra máis do suspenso do goberno local en materia de conciliación”
As populares explicaron que PSOE e BNG recurtan servizos esenciais, aplican a tesoira onde máis falta fai investir: no apoio ás familias” e como exemplo se referiron aos programas de Aulas Abertas no Verán e Aprende Xogando que se desenvolven en varios centros de convivencia do municipio.

Programa de Aulas Abertas de verán
“En só dous anos eliminaron 100 prazas, pese a que a demanda é crecente. Isto é un retroceso para Lugo. É inconcibible que precisamente quen presume de defender a conciliación sexa quen a recorta.”. Este programa desenvólvese en cinco centros de convivencia en horario de 8.30 a 14.30 horas (Maruja Mallo, Fingoi, Lamas de Prado, Paco Martín e A Milagrosa) e está destinado a nenos de entre 4 a 10 anos:
      • En 2023: 480 prazas
      • En 2024: 400 prazas
      • En 2025: 380 prazas
Con respecto a este programa as populares tamén puxeron o foco sobre a falta de transparencia á hora de adxudicar as praza destes programas. “Non o dicimos nós: son os propios pais e nais quen trasladan a súa preocupación” amosando un escrito dun pai no que reclama poder estar presente no momento do sorteo informático, que segundo as bases debía ser público”.
O artigo 8 das bases recolle que “as prazas se adxudicarán mediante sorteo informático público pero non se indica onde se leva a cabo o sorteo nin onde se pode comprobar, unha proba do seu oscurantismo”.
Aprende Xogando: menos horas e despedimentos (desenvolvese todo o ano e está destinado a nenos e nenas de 4 a 12 anos)
En canto ao programa pedagóxico Aprende Xogando, o PP sinala que se aplican recortes significativos. Segundo o prego de condicións vanse prestar 877,5 horas menos ao ano, o que supón 16,35 horas menos por semana. Ademais, foron despedidas dúas traballadoras, un feito especialmente grave despois de que o propio Concello comprometera estabilidade neste servizo esencial para conciliación de moitas familias.
“Cómpre lembrar que en 2023 tiveron que desistir dos pregos pola súa chapuza na estimación de custos, xa que aplicaban salarios por debaixo do SMI”. Agora, nos novos pregos detectamos eivas importantes para a adecuada prestación do servizo: non se fai mención ás prazas ofertadas; a separación por idades, nin á ratio por monitor (necesitas 1 trabajador por cada 15 nenos menores de tres anos, 1 trabajador para 25 alumnos entre 3-6 anos e 1 trabajador por cada 30 cativos de máis de 6 anos) coas condicións que recolle o Real Decreto 354/2003. Ademais tampoco cumpre a ratio de adaptación en caso de nenos con necesidades especiais.
“Conciliación non é un lema, é un compromiso real coas familias, cos nenos e co persoal. E hoxe Lugo non o ten. Esta é a realidade que vimos denunciar hoxe desde a Escola Infantil Gregorio Sanz.”
“Lugo necesita un cambio urxente. Necesita un modelo claro e un goberno que coide dos servizos públicos, que sexa transparente e que actúe con responsabilidade.”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies