Sen categoría

O PP recrimina a Arroxo que esté máis pendente de Elena Candia que de solucionar os problemas dos lucenses e acusa aos nacionalistas de “seguir instalados en facer oposición á oposición”

By 3 Decembro, 2025Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal Popular lamentamos profundamente que Rubén Arroxo sega instalado nunha visión pequena da política local.

Resulta INACEPTABLE escoitar a un membro do goberno afirmar que o aumento de poboación dificulta as maiorías absolutas, como se ese fóra o obxectivo

O único que parece preocuparlle a Arroxo é que o Partido Popular poida lograr unha maioría ampla, porque iso implicaría perder o sillón que ocupa agora no bigoberno do Concello de Lugo. Esa é a realidade: está máis pendente de Elena Candia que de solucionar os problemas dos lucenses.

Mentres Lugo precisa solucións e proxectos serios, o BNG dedica o tempo a atacar á voceira do Grupo Popular en lugar de celebrar aquello que levan dous anos anunciando e que, como se acaba de demostrar, non era certo.

As declaracións de Arroxo son o reflexo da súa propia mediocridade política: a de quen asume que só pode aspirar a gobernar perdendo eleccións e a de quen confía máis nos pactos de despacho que no respaldo da cidadanía.

Está claro que Rubén Arroxo está máis preocupado polo futuro do BNG que polo futuro de Lugo

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies