#LugoaExameCulturaFestasSan Froilán

O PP reclama un San Froilán para todos e menos soberbia política no labor do goberno

By 16 Outubro, 2024No Comments
  • Os populares afirman que na organización do San Froilán botaron en falta “máis humildade, máis escoitar ás distintas sensibilidades e lembrarse de que teñen que gobernar para todos e non para uns poucos”

 

  • Os populares queren deixar claro que “este non é o noso San Froilán” lembrando que decidiron abandonar a comisión de festas porque nos negaron a información sobre as contas e non aceptaron as chamadas a unha maior participación para facer unhas festas para todos.

 

  • A mellor proba do pouco éxito da organización das festas patronais da capital da provincia é que a propia concelleira de Cultura fuxiu das fotos e deixou ao seu asesor a tarefa de asumir responsabilidades e indican como “a propia alcaldesa se posicionou para traer concertos de pago, un modelo contrario ao que defende o seu socio de goberno”.

 

  • Dende o Partido Popular creemos que “o San Froilán é un patrimonio inmaterial que sobrevivirá a todos os atrancos do goberno local,  así como á súa mala xestión e pouca previsión”

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies