
O Grupo Municipal do Partido Popular
levará ao vindeiro pleno unha proposición para que o goberno local, na obra
de humanización que se está a levar a cabo na rúa Milagrosa, no tramo entre
as rúas Mallorca e Minguillón e na que se inviste preto de medio millón de
euros, atenda as achegas dos veciños que reclaman que se resolvan os
problemas de saneamento que veñen sufrindo dende hai tempo.
Os populares entenden que “se debería aproveitar cada intervención que se
fai para mellorar os servizos e non limitarse a un lavado de cara”. Segundo
proxecto do Concello para humanización da rúa Milagrosa se colocará
pavimento novo sobre o xa existente, e só está prevista a apertura de zanxas
para colocar o cableado da electricidade e alumeado mantendo a rede actual
de saneamento e limitándose a reparacións puntuais nela.
Desde o PP consideran que este tipo de obras deberían planificarse coa
participación veciñal, escoitando as súas prioridades para evitar que, dentro
de poucos anos, haxa que volver levantar a rúa para arranxar o que agora se
ignora.
Coa idea de conseguir que a área de mobilidade rectifique o Partido Popular
manterá un encontro veciñal o vindeiro mércores 29 de outubro ás 12.30
horas á altura da Cafetería O Lagar.
