Sen categoría

O PP reclama menos propaganda e máis feitos en Fermin Rivera

By 8 Maio, 2025No Comments

O anuncio de futuras actuacións na rúa Fermin Rivera estase a vender coma se as necesarias obras no colector e na rua fosen a comezar en breve, cando o feito é que Non se ten dado ningún paso real ou efectivo de cara a esta actuación.

O protocolo que firman a Confederación Hidrográfica co concello só é unha declaración de intencións sen efecto vinculante, que non confirma ningún compromiso ou dotación económica por parte de ningunha das duas administracións.

De feito, a primeira cláusula do protocolo xa di claramente “El presente protocolo tiene por objeto establecer el marco para una POSIBLE colaboración futura”.

Os informes dos servizos de Intervención, Fomento e Enxeneria coinciden en que no que claramente din que este protocolo non obriga nin a Concello nin a Confederación para facer ningunha obra de mellora, aínda que recoñecen que existe un problema do colector, por falta de mantemento e escasa pendente, que afecta a toda a rúa e obriga a unha costosa actuación integral.

A diferenza entre firmar un protocolo e firmar un convenio é moi grande: Un protocolo é unha declaración de intencións que non vincula nin obriga aos firmantes.

Lugo non pode ter un alcalde que, tras unha década ocupando postos no goberno, siga a facer declaracións de intencións, mera propaganda baleira de contido real, coma se acabase de chegar á política fai dous meses e tivera que ver que cidade ten entre mans.

A rúa Fermin Rivera xa foi cedida ao concello pola Deputacion sen facerlle obras ou acondicionala, unha situación totalmente anómala, á cal non se lle deu solución tampouco dende o bipartito municipal en todo este tempo.

Agora, amosando pouco compromiso e ambición de mellorar a cidade, e co pouco traballo efectivo acostumado, Miguel Fernandez fai propaganda cun anúncio que non inclue nin compromisos nin actuacións reais, nun claro intento de enganar aos veciños de Lugo, unha vez máis, prometendo solucionar uns problemas que, coma tantos outros en distintas zonas da cidade, acumúlanse no DEBE do bipartito.

O grupo muncipal do PP esixe honestidade, compromiso, axilidade e traballo para cumprir as promesas aos veciños.

Á vista dos acontecementos, semella evidente que Lugo precisa un cambio.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies