Sen categoría

O PP reclama ao goberno local celeridade para activar o servizo de comedor en Fingoi II e Quiroga Ballesteros

By 18 Agosto, 2025Sin comentarios

Javier Vázquez: “este servizo esencial de conciliación non pode depender do centro no que estuden. Pedímos ao Concello que dé unha resposta inmediata ás familias afectadas

Luns, 18 de agosto de 2025.- Dende o Grupo Municipal Popular valoramos que se abra o prazo para solicitar praza nos comedores escolares dos centros públicos de Lugo, xa que se trata dun servizo fundamental para a conciliación das familias e para a igualdade de oportunidades do alumnado.

O edil popular, Javier Vázquez, puxo de manifesto que “a estas alturas haxa dous colexios da cidade —Fingoi II e Quiroga Ballesteros— que seguen sen contar con comedor escolar e que o goberno local non ten previsión de cando podería comezar a prestar o servizo. O concelleiro do PP lamentou que a poucas semanas de iniciar o curso, as familias destes centros teñen máis dúbidas que certezas.

No Partido Popular seguiremos insistindo con rigor e en positivo, defendendo que todo o alumnado de Lugo teña os mesmos dereitos, con independencia do colexio ao que acudan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies