Educación

O PP reclama ao Concello que permita avanzar na solución para o comedor escolar de Fingoi II

By 9 Maio, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular volve poñer sobre a mesa a urxencia de que o Concello de Lugo autorice a instalación dunha aula móbil no CEIP Fingoi II, paso imprescindible para activar o servizo de comedor escolar antes do comezo do próximo curso.

O compromiso coas familias nace dunha escoita activa coa Asociación de Pais en Nais do centro e as familias.

• 10 abril: A voceira do PP, Elena Candia, reúnese coa ANPA do centro para escoitar as súas necesidades.
• 11 abril: O PP solicita unha reunión coa concelleira de Educación para trasladar a proposta.
• 15 abril: O concelleiro popular Javier Vázquez entrega persoalmente a solicitude, xa que a concelleira afirma non tela recibido.
• 22 abril: O concelleiro acode á concellería para tentar fixar data. A concelleira non estaba, e deixou recado.
• 23 abril: A ANPA tamén solicita formalmente unha reunión.
• 25 abril: A Xunta comprométese, tras reunirse con PP e ANPA, a estudar a instalación dunha aula móbil que faga posible o comedor.
• 9 maio: Reunión da ANPA coa concelleira. Case un mes despois do primeiro intento.

Os populares insistiron en que para nós “a conciliación é unha prioridade” os feitos demostran que cando se escoita e se actúa, hai avances. Grazas ao traballo conxunto coas familias e á resposta da Xunta, temos unha proposta viable enriba da mesa. Agora só falta que o Concello autorice a instalación da aula móbil”. “Animamos ao BNG a facilitar unha solución e a non demorar máis este asunto”.

Os populares insistiron en que para nós “a conciliación é unha
prioridade” os feitos demostran que cando se escoita e se actúa, hai
avances. Grazas ao traballo conxunto coas familias e á resposta da
Xunta, temos unha proposta viable enriba da mesa. Agora só falta que o
Concello autorice a instalación da aula móbil”. “Animamos ao BNG a
facilitar unha solución e a non demorar máis este asunto”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies