
Logo da preocupación e do malestar que está a xerar na veciñanza o contido do PMUS que condicionará a mobilidade do Lugo do futuro, os populares reclaman ao goberno local de PSOE e BNG “un xesto de responsabilidade” para que veciños e colectivos poidan analizar con tempo este documento e trasladar propostas de mellora.
As incoherencias do plan chegan ao punto de propoñer a peonalización de rúas como Doutor Ochoa, que é unha das principais entradas ao barrio da Residencia e acceso ás dependencias do CIS, onde se atopa o PAC. Esta medida obrigaría a realizar rodeos innecesarios e podería afectar á rapidez de resposta dos servizos de emerxencias, con posibles atrasos na atención a pacientes en situación urxente.
Ante a afirmación reiterada do goberno de que moitas das medidas do PMUS non se van executar, os populares lembran que peatonalizacións como as de Camiño Real ou Tino Grandío xa están moi avanzadas, con actuacións incluídas no proxecto Lugo Norte que contan mesmo con orzamentos
O Grupo Popular continuará coa súa campaña informativa nos barrios para explicar o contido do plan e recoller achegas da veciñanza. Hoxe manterán unha reunión na zona de San Roque e a súa contorna ás 20:30 horas na pizzería Bocalino, e mañá celebrarán un encontro sectorial con representantes dos servizos de emerxencias.
A voceira municipal, Elena Candia, solicitou ao goberno local que amplíe o prazo para a presentación de alegacións ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) co obxectivo de garantir que os lucenses poidan analizar “con tempo e rigor” un documento que terá un impacto directo no día a día da cidade. O que solicitamos é unha prórroga de 10 días hábiles que é o que contempla a normativa para facilitar a análise do documento e dar participación real á veciñanza”.
Nas últimas semanas o Grupo Popular desenvolveu unha campaña informativa nos barrios e con distintos colectivos sociais e profesionais para explicar o contido do plan e resolver dúbidas. “Nas SETE REUNIÓNS realizadas estamos comprobando que existe un grande interese por coñecer os cambios que se propoñen e tamén moitas preocupacións e tamén moito malestar sobre as consecuencias que poden ter na mobilidade, no comercio ou na vida diariada veciñanza”, sinalou.
A portavoz popular indicou que o PMUS é un documento técnico extenso e complexo, que introduce cambios importantes na circulación, no transporte público, no aparcamento e na organización do espazo urbano. Por este motivo considera que o prazo actual resulta insuficiente para que cidadáns, asociacións e sectores afectados poidan estudalo con detalle e formular as súas achegas. “
Un exemplo claro das incoherencias deste plan é a proposta de peonalizar a rúa Doutor Ochoa, que é unha das entradas principais ao barrio da Residencia e acceso ao PAC. Non se pode aplicar unha peonalización de forma automática cando afecta a un punto de atención sanitaria urxente. Aquí non hai nin xustificación nin unha avaliación clara de alternativas que garantan a rapidez na chegada dos servizos de emerxencia. Por iso pensamos que esta proposta debe revisarse con sentido común
O Grupo Popular continuará coa súa campaña informativa nos barrios para explicar o contido do plan e recoller achegas da veciñanza. Hoxe manterán unha reunión na zona de San Roque e a súa contorna ás 20:30 horas na pizzería Bocalino, e mañá celebrarán un encontro sectorial con representantes dos servizos de emerxencias.

