Sen categoría

O PP reclama actuacións urxentes de mantemento en zonas verdes do Castiñeiro e na Carballeira de Fingoi

By 9 Abril, 2025Sin comentarios

Mar Carballas asegura que “protexer o medio ambiente non é poñer etiquetas; é traballar con responsabilidade”

O Grupo Municipal Popular leva varias
queixas veciñais recollidas nas últimas semanas sobre o estado de
abandono de espazos verdes como a Carballeira de Fingoi e a Área
Recreativa do Castiñeiro.

Estas iniciativas forman parte do traballo de
escoita activa que desenvolvemos diariamente, co obxectivo de ser
“parte da solución e correa de transmisión entre os veciños e os
órganos municipais competentes”.

Na Carballeira de Fingoi, un dos principais espazos de lecer ao aire libre
da cidade, os elementos de ximnasia presentan un estado de abandono
evidente: están sucios, sen mantemento e, en moitos casos,
inutilizables. Tamén a varanda do sendeiro paralelo precisa reparacións
urxentes.

A situación repítese no Parque do Castiñeiro, onde bancos e mesas do
merendeiro están cheos de verdín, deteriorados e sen condicións para o
uso cidadán. “Lugo merece espazos coidados e seguros”, explica a edil
do PP.

E mentres non se coidan os espazos naturais, seguimos sen saber por
que se talaron árbores no parque de Rosalía. Pedimos explicacións ao
goberno local o 18 de marzo e seguimos esperando resposta.”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies