Sen categoría

O PP reafirma o seu compromiso coa Milagrosa e continua pedindo unha actuación efectiva do PSOE e o BNG para garantir a seguridade e a convivencia na rúa Tui e a súa contorna

By 23 Febreiro, 2026Sin comentarios

·        “As 1.500 firmas da veciñanza da Milagrosa, na campaña por un barrio seguro, demostraron que cando a veciñanza se une, xunto coa presión que exercemos dende o grupo municipal, obrigamos ao goberno local actúe”

·        Afeamos a conducta do goberno xa que “cando hai actas policiais que recollen accións,  a resposta debe ser rápida, no caso de Las Palmeras o proceso sancionador non se inicia ata despois das nosas comparecencias públicas o que evidencia que a seguridade non é unha prioridade para este bipartito

Luns, 23 de febreiro de 2023.- A voceira popular, Elena Candia, explicou que un dos obxectivos da rolda de prensa é comunicarlle ás 1.500 persoas, da Milagrosa que reclamaron máis seguridade e mellor convivencia cidadá, que “a súa sinatura non foi en vano”.

Os populares reafirman o seu compromiso coa Milagrosa e volveron a reiterar que se adopten as medidas para garantir a seguridade na rúa Tui e a súa contorna tal e como fixeran o 7 de xullo de 2025 e aseguran que “non pararán ata conseguilo” e que estudan presentar unha iniciativa a pleno.

PATRÓN CONTINUADO

Durante anos, o establecemento denominado “Las Palmeras”, situado na rúa Tui número 6, foi obxecto de reiteradas actuacións policiais, inspeccións técnicas e denuncias veciñais que poñen de manifesto múltiples infraccións administrativas e unha actividade reiteradamente incompatible coa licenza outorgada.

Este local opera á marxe da legalidade, funcionando de feito como pub ou local nocturno sen a licenza habilitante correspondente, aproveitando o horario máis amplo concedido aos café-bar para realizar actividades propias dun after.

Hai feitos documentados de que desde finais de xuño, poderían ter actuado dende aquela peron NON SE FIXO e só decidiron impulsar o expediente sancionador trala presión da oposición e da movilización veciñal. Por tanto é evidente que malia contar con actas que acreditaban distintas infraccións do local, o goberno non moveu ficha.

•        29 de xuño de 2025 prodúcese unha acta de inspección.

•        O 2 de xullo existen informes da Policía Local e da Policía Nacional.

•        O 7 de xullo o Partido Popular esixe actuación inmediata.

•        O 1 de setembro volvemos comparecer para falar de seguridade.

•        O 12 de setembro entregamos as sinaturas recollidas a pé de rúa.

E non é ata o 28 de outubro cando se incoa o expediente e se publica a resolución no BOE do 29 de xaneiro  tal e como figura no informe sancionador que o 19 de febrerio asina Rubén Arroxo.

E aquí xorde unha cuestión relevante: Segundo as actas policiais ás que tivemos acceso, existirían múltiples intervencións que poderían dar lugar a expedientes diferenciados.

As oito intervencións dos expedientes 233, 234 poderían dar lugar a oito expedientes sancionadores independentes, un por cada acta pero, o goberno local, optou por agrupar as intervencións en dous expedientes e iso é relevante xa que a Lei 10/2017 de Espectáculos Públicos de Galicia establece que a reincidencia se aprecia cando existen máis dunha infracción da mesma natureza con resolución firme no prazo dun ano.

E cando se cometen dúas ou máis infraccións graves firmes nun ano, a seguinte pasa a ser moi grave.

E cando hai infracción moi grave por reincidencia, a lei permite a clausura do local, a suspensión da actividade e incluso a revogación da licenza.

Se xa existen sancións graves firmes publicadas e os incumprimentos continúan, estamos ante un escenario no que a reincidencia debe ser analizada con rigor.

Se cada intervención dera lugar ao seu propio expediente e á súa correspondente resolución firme, a reiteración quedaría formalmente individualizada e facilitaría a apreciación da reincidencia.

Entendemeos que o criterio de agrupación ten consecuencias xurídicas directas na valoración da reincidencia e cando falamos de seguridade veciñal, estas decisións administrativas non poden quedar sen explicación.

Non é unha cuestión política.

É unha obriga legal protexer a convivencia, a seguridade, a saúde e o dereito ao descanso dos veciños da rúa Tui. Os feitos estaban documentados a finais de xuño. Poderíase actuar daquela. Non se fixo. Actuouse tras meses de presión política e veciñal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies