Sen categoría

O PP propón unha comisión de investigación para analizar o accidente de San Froilán e adoptar medidas preventivas

By 21 Outubro, 2025Sin comentarios

Os populares consideran que o Goberno local actuou con falta de empatía e transparencia na xestión do suceso e informan que o Plan de Autoprotección do San Froilán 2025, aprobado en Xunta de Goberno tres días antes das festas e fóra da orde do día, non incluía ningún protocolo específico de seguridade para o desfile de gando”

O Grupo Popular solicitará no Pleno a creación dunha comisión de investigación para analizar o accidente acontecido durante o desfile de gando do San Froilán no que, lamentablemente, unha persoa perdeu a vida.
A concelleira popular Mar Carballas explicou que “a reacción do Goberno local foi un exemplo de falta de empatía. Primeiro minimizaron o acontecido, e ante un suceso tan grave, o único que fixeron foi dicir que o desfile contaba cun seguro propio, ademais do xenérico das festas. “Como se iso fose suficiente resposta institucional. Iso non é liderado nin responsabilidade, é unha forma fría e impropia de afrontar un feito tan tráxico e doloroso como o sucedido o pasado 5 de outubro”, puntulizaba Carballas.

A edil popular tamén criticou a falta de transparencia lembrando como: o día 7 de outubro pedimos unha convocatoria da xunta de voceiros “para coñecer as actuacións realizadas polo concello dende o momento do accidente e sobre a organización do evento”. Nese encontró, de forma verbal, se nos traslada que había protocolos de seguridade polo que solicitamos “acceso e copia deses documentos”; o prazo para ter esta información expirou o pasado 15 de outubro e, unha vez máis, se nos dá a calada por resposta.

O único documento que disponemos é o Plan de autoprotección para o San Froilán 2025 que se aprobou, fóra da orde do día, na xunta de goberno do día 1 outubro (tres días antes do inicio das festas). Neste PAU non existe un protocolo específico do desfile de gando.

Todo o descrito con anterioridade revela unha nula planificación e unha preocupante improvisación por parte do executivo local. “Non se trata de buscar culpables, senón de exercer responsabilidade institucional e garantir que eventos multitudinarios como os do San Froilán conten con todas as medidas de seguridade, prevención e transparencia que merecen os lucenses”.

“O que pedimos é claro: coñecer o que pasou, aprender do sucedido e evitar que algo así se repita”, concluíu Carballas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies