Sen categoría

O PP propón medidas para avanzar na mellora da seguridade, da contaminación acústica e da convivencia cidadá

By 28 Maio, 2025Sin comentarios

• Este novo espazo de coordinación e participación permitirá afrontar con eficacia os retos que temos no concello nestas materias un obxectivo claro adaptar a normativa as necesidades reais
• Esta proposta ten respaldo legal, demanda social e utilidade práctica e un obxectivo claro “adaptar a normativa ás necesidades reais”

Entre as medidas que propón o Grupo Municipal para mellorar a seguridade, contaminación acústica e convivencia cidadá está a de impulsar un Consello Local de Seguridade que funcionaría como un mecanismo para ordenar os medios persoais, normativos e materiais dispoñibles, co obxectivo de actuar sobre problemas como os conflitos derivados do lecer nocturno, a contaminación acústica ou a dificultade para garantir o dereito ao descanso da veciñanza.

Trátase dunha ferramenta operativa a través da cal se marcará unha liña de traballo estable que implique a todas as entidades sociais vinculadas coa convivencia cidadá: asociacións veciñais, de hostalaría, xuvenís, culturais e tamén ás Forzas e Corpos de Seguridade.

Esta proposta responde ás constantes demandas da veciñanza, especialmente no barrio da Milagrosa e Feijoo onde os problemas de seguridade e convivencia son noticia semana tras semana, malia o silencio e a negación do goberno local. Tamén atende ás queixas da veciñanza do centro e outros puntos da cidade que piden solución aos problemas de contaminación acústica.

Ademais, baseámonos en exemplos útiles doutras cidades como A Coruña, onde a “Mesa pola Convivencia” —integrada por veciños, hostaleiros e técnicos municipais— permitiu dar pasos efectivos: dende campañas de sensibilización ata a revisión da normativa vixente.

Desde o PP lembramos que os problemas non se resolven sós: requiren traballo serio, planificación, rigor e implicación de todos os axentes implicados. E iso é precisamente o que pretendemos con esta proposta.

A creación deste Consello encaixa na liña de traballo que o Grupo Popular leva defendendo dende hai anos levando iniciativas para garantir o descanso, mellorar a convivencia e actuar con determinación alí onde outros miran para outro lado.

Un goberno local que vive de costas á realidade

O primeiro paso para solucionar un problema é recoñecer que existe. E iso non o está a facer o goberno de PSOE e BNG. No Pleno de novembro de 2024, o PP presentou unha proposta para “instar ao Concello de Lugo a que impulse un plan de seguridade nos barrios da Milagrosa e Feijóo”. No debate, a concelleira Abelleira afirmou: “Mire, para min, como concelleira, pero principalmente como veciña da Milagrosa, esta visión é pouco real e claramente partidista”.
Unhas palabras que, lonxe de tranquilizar, evidencian a desconexión entre o goberno e a realidade que viven os lucenses. Porque os problemas están aí, afectan á calidade de vida e merecen respostas á altura.

Un Consello que a lei permite e que Lugo necesita

A proposta do PP non só é necesaria, senón perfectamente viable. O artigo 13 do Real Decreto 1087/2010, do 3 de setembro, que regula as Xuntas Locais de Seguridade, contempla a posibilidade de constituír Consellos Locais de Seguridade como órganos complementarios. Neles poderán participar representantes de asociacións cidadás, organizacións empresariais, sindicatos e outros actores do tecido social.

Por tanto, esta proposta ten respaldo legal, demanda social e utilidade práctica e un obxectivo claro “adaptar a normativa ás necesidades reais”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies