Sen categoría

O PP propón flexibilizar o pago dos cursos de natación municipais para facilitar o acceso das familias

By 9 Setembro, 2025Sin comentarios

Recentemente o Concello de Lugo anunciou a apertura do prazo de inscrición nos cursos de natación para o vindeiro trimestre. A novidade é que se obriga ás familias a realizar o pago trimestral completo por adiantado.

Desde o Partido Popular consideramos que esta medida pode supoñer unha carga adicional, especialmente no mes de setembro, cando os fogares afrontan os gastos da volta ao colexio.

Por iso presentamos un rogo para que se habiliten fórmulas de pago máis flexibles, xa sexa mensual ou fraccionado. O noso obxectivo é que ningunha familia quede excluída e que todas as persoas poidan acceder en igualdade de condicións á práctica deportiva municipal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies