
Luns 1 xaneiro de 2026.- O Partido Popular deu hoxe un paso máis para mellorar os Orzamentos do 2026 do goberno local do PSOE e BNG “son unhas contas que non nos gustan; que comprometen e poñen en perigo o futuro dos servizos; que superan os gastos correntes en 10 millons de euros aos ingresos; que incrementan a débeda, en termos de débeda viva, máis de 40 millons de euros e con todos os investimentos a préstamo (18 M€)”. E tamén continua incrementándose o gasto discrecional ou non obligatorio (p.16 do informe de intervención). Con estas contas que presentan estarían cesados en calquera empresa pola mala xestión.
EMENDAS pensadas para mellorar a vida nos barrios, reforzar a seguridade, a saúde e os servizos públicos
Os populares solicitan que nas bases de execucións para as subvencións para entidades sen ánimo de lucro se habiliten anticipos de pago.
Tamén presentamos emendas que responden a obras xa comprometidas e aprobadas en pleno como son:
• O saneamento de rúa Fermín Rivera aproveitando as obras que se van a executar ;
• Garantir un acceso seguro para que os nenos e nenas cheguen ao colexio en As Gándaras. Pedimos unha partida para a beirarrúa ou senda peonil en Virxe da Soidade, unha vella demanda da comunidade educativa e da veciñanza deste barrio así como
• Plan de aparcadoiros: creación dun aparcadoiro en Fontiñas, barrio de O Carme; estudo doutros na contorna do centro como pode ser na rúa Castelao
• Bonificación do IBI e eliminación da plusvalía aos propietarios de terreos afectados polo cambio de calificación nas áreas de expansión xa que están a pagar como solo urbano sen poder construír.
Pensando nas persoas e na conciliación propoñemos partidas para:
• Redacción do proxecto de servizos de conciliación nos polígonos industriais de O CEAO e As Gándaras;
• Adhesión ao convenio marco da FEGAMP con entidades locais para o uso das instalacións deportivas dos centros educativos fóra do horario lectivo, co fin de ampliar a dispoñibilidade de espazos de adestramento.
• Impulsar o Plan Local de Saúde Mental
• Mellorar as instalacións da Escola Infantil Gregorio Sanz
Co obxectivo de rehabilitar e comunicar os barrios e os espazos de convivencia, e garantir servizos básicos propoñemos:
• Parte das partidas do Plan Vivenda Municipal destinalas á rehabilitación de vivendas e alugueres nos barrios da Milagrosa e Feijóo
• Conexión segura entre barrios, como a 3rotección3n dunha beirarrúa na Estrada Vella de Santiago que comunique A Ponte co cemiterio de San Froilán.
• Mellora da rede de centros sociais da cidade, onde persisten carencias en accesibilidade, seguridade e mantemento así como incremento de partidas de emerxencia e de apoio ás entidades do ámbito social
• Parte das partidas que figuran para renovación da rede de saneamento destinalas para executar o saneamento de Esperante.
Solicitamos incrementar a partida destinada a Michos polo labor que realiza no coidado, 3rotección, prevención de problemas de saúde pública cos gatos comunitarios
E tamén pedimos unha partida xenérica do capítulo I de gasto de persoal para reforzar a contratación de interinos ata a cobertura definitiva das prazas.
NON PODEN ENGANAR A TODOS TODO O TEMPO
Os populares facían esta reflexión logo de comprobar como nos orzamentos para 2026 non aparece ningún tipo de partidas para proxectos que anunciaron como impulsa unha área de atención a persoas migrantes; a redacción da cidade deportiva de Sanfiz ou memos adecuar as Caldas para outros usos.

