Sen categoría

O PP presenta as súas achegas aos orzamentos de 2026 e define este proxecto como “o último do mandato para conseguir feitos”

By 14 Novembro, 2025Sin comentarios

O Grupo Popular presentou esta mañá en rolda de prensa máis de 130 propostas aos orzamentos municipais de 2026, que cualifica de “realistas e centradas nas demandas da veciñanza, co obxectivo de mellorar a calidade de vida nos barrios e parroquias de Lugo”.

A voceira do Grupo Popular, Elena Candia lembrou que estas achegas chegan nun contexto no que o plan de investimentos do Concello de Lugo dos últimos tres anos apenas se executou, e defendeu que o PP presenta un modelo alternativo para activar Lugo.

A voceira popular, Elena Candia, tamán explicou que moitas das achegas que se presentan precisan pequenos investimentos, pero tamén inclúen proxectos estratéxicos e novidosos, como o Plan Zero18, dirixido á poboación infanto-xuvenil, tan esquecida  polo goberno local na súa acción de goberno; ou un reforzo no orzamento para intervencións que melloren a mobilidade e a accesibilidade que contemplaría, entre outras intervencións, a unión do barrio da Estación co centro; e unha rede de aparcamentos en distintos barrios en altura.

Os populares tamén solicitan que se dé cumprimento ao acordo plenario de xullo do ano 2025 sobre a supresión da plusvalía e bonificación do IBI nas áreas de expansión, que pagan como solo urbano sen poder construír neles.

A voceira popular tamén explicou a necesidade de que haxa un reforzo no persoal ,amosando unha imaxe das habituais colas que hai no rexistro como exemplo de saturación, lembrando como no ano 2024 a diferenza entre o presupostado e o que aparece na liquidación do capítulo de persoal é de 4.222,208,58 €.

Por último a popular concluía: “non se trata de presentar unha lista de promesas, senón de poñer enriba da mesa achegas realistas, posibles e necesarias para que Lugo avance. Queremos feitos, non máis anuncios”,.

 BLOQUE 1: LUGO PARA AS PERSOAS

1.1.        CONCILIACIÓN E BENESTAR

A poboación infanto-xuvenil é a gran esquecida por este Concello. O noso compromiso é poñela no centro das políticas municipais, ofrecendo espazos seguros, oportunidades e conciliación real para as familias, por iso, solicitamos partidas para facer un Lugo que coida, educa e acompaña

Ø    Posta en marcha do Programa Zero-18: que ningún menor quede sen protección e ninguna familia sin orientación. A idea deste programa é desenvolver accións dirixidas á conciliación e ao benestar da infancia e adolescencia.

  • Red 818 “Previr, detectar e acompañar” casos de acoso escolar, ciberacoso e exclusión social.
    • Creación de Puntos 818 en centros escolares: espazos seguros de escoita, mediación e orientación.
    • Intervención coordinada con orientadores, equipos directivos, familias e profesionais da saúde mental.
    • Formación en convivencia, empatía e xestión emocional para docentes, alumnado e familias.
    • Campañas de sensibilización sobre respecto, diversidade e uso responsable das redes sociais.
    • Plan Integral de Protección da infancia e da adolescia
  • Plan local de saúde mental, con especial atención á prevención do acoso e do suicidio
  • Servizo SAF “Aloumiñar”, para o coidado de menores no domicilio e apoio á conciliación familiar
  • No polígono de As Gándaras creación de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores

 

 

  • Cuberta para os parques infantís de Fonte dos Ranchos e Frigsa, garantindo o seu uso durante todo o ano.
  • Novo parque infantil na Praza de Alacante
  • Renovación e posta a punto de parques na rúa Orquídea, Marcos Cela, Piringalla (rúa das Fontes–Angelo Colocci), Cantiño, A Croa, Casas Sindicais e Sagrado Corazón
  • Plan de mantemento e mellora dos colexios públicos.
  • Partida para asinar o convenio coa FEGAMP para apertura das instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana

 

 

1.2.        VALOR SÉNIOR

  • Centro interxeracional no Castiñeiro, como punto de encontro e aprendizaxe compartida.
  • Oficina do Maior, con programas de acompañamento e prevención da soidade non desexada.
  • Cambiadores inclusivos, accesibles e adaptados para persoas con dependencia.
  • Investimentos en linguaxe sinxela nas comunicacións municipais, para facilitar a comprensión da información pública.
  • Partida para dotar de medios aos Centros Sociais para o seu correcto funcionamento

 

BLOQUE 2: LUGO MÁIS SEGURO

 

2.1. TRÁFICO E MOBILIDADE

  • Plan de accesibilidade entre o barrio da Estación (intermodal) e o centro (ascensor e escaleiras mecánicas que comuniquen A Estación de tren co centro)
  • Aparcadoiro en altura en rúa Castelao
  • Aparcadoiro disuasorio en O Carme, cumprindo o convenio asinado
  • Aparcadoiro en altura en Fontiñas
  • Aparcadoiro en altura na Milagrosa
  • Aparcadoiro soterrado en Augas Férreas
  • Apertura da rúa Vilaverde, para mellorar a conexión e fluidez do tráfico
  • Paso para comunicar, de forma segura, o barrio de As Gándaras co polígono industrial
  • Plan de tráfico para o barrio de Galegos
  • Na entrada a Lugo do Camiño primitivo paso de peóns intelixente na subida da Cheda confluencia con San Eufrasio
  • Pasos elevados en Serrra Gañidoira
  • Taxi a demanda para conectar as parroquias co centro urbano e mellorar a vida das familias do rural.
  • Plataforma loxística de carga e descarga para facilitar repartos en casco histórico

2.2. SEGURIDADE

  • Instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles como a Milagrosa.
  • Instalación de cámaras de videovixilancia en monumentos e puntos emblemáticos.
  • Apertura dunha delegación da Policía Local, que achegue presenza e resposta inmediata aos barrios do norte.
  • Creación dunha oficina de asesoramento fronte ás ocupacións ilegais e dunha oficina de mediación veciñal.
  • Mellora de iluminación en diferentes barrios

 

BLOQUE 3: LUGO MOTOR DA PROVINCIA

3.1          CIDADE CREATIVA

Ø    Partida para aportar a porcentaxe que se comprometeu para actuar na envolvente do Cuartel de San Fernando

Ø    Reforzo da marca Lugo como destino turístico, formativo e cultural.

Ø    Plan especial de promoción dos tres Patrimonios da Humanidade con foco na Muralla (25 aniversario).

Ø    Plan de mantemento  dos Museos e Salas Municipais

Ø    Programación estable no Auditorio Fuxan os Ventos e elaboración de ordenanza de uso así como e impulso á Escola de Música e á Banda Municipal.

Ø    Programación cultural estable na Biblioteca Paco Martín (A Piringalla), como espazo de encontro e dinamización do barrio

 

3.2 UN RURAL MODERNO

Infraestruturas básicas e territorio ordenado

  • Plan integral de saneamento e abastecemento en todas as parroquias. (Esperante)
  • Servizo municipal de vaciado de fosas sépticas, para garantir hixiene e igualdade de servizos.
  • Plan de ordenación da terra mediante permutas, para favorecer o aproveitamento agrario e forestal.
  • Plan Fiscal Rural, con medidas para paliar a suba do IBI e incentivar as actividades económicas que se asentan no rural.


Mellor mobilidade

  • Taxi a demanda para conectar as parroquias co centro urbano e mellorar a vida das familias do rural.
  • Plan anual de asfaltado para manter en bo estado os camiños e accesos
  • Plan anual de desbroces, en pistas de terra.
  • Reparación da ponte entre Pedreda e Rubiás, unha conexión clave para a veciñaza desta parroquia deste servizo

Máis presenza municipal e vida social

  • Puntos itinerantes de información, para achegar a administración local ás parroquias.
  • Programas de dinamización e ocio nos centros sociais de San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Saa, Santa Comba, Rubiás, Bóveda… e ampliar este servizo a outras parroquias.

 

3.3 INFRAESTRUTURAS

 

  • Impulsar un plan de actuacións para evitar inundacións nos puntos negros da rede de drenaxe do municipio

Ø    Infraestruturas que melloran o día a día

  • Convenio co Ministerio para a humanización da travesía de Nadela e o seu desdobramento
  • Beirarrúa en Virxe da Soidade (As Gándaras)
  • Rematar a beirarrúa de Marqués de Ombreiro
  • Rematar a Beirarrúa en Paulo Fabio Máximo (Garabolos).
  • Saneamento da rúa A Milagrosa, unha demanda histórica do barrio.
  • Plan integral As Samasas
  • Humanización e paso peonil que conecte o barrio de A Ponte ata o cemiterio municipal
  • Asfaltado ramal rúa Calzada de Ponte (comunica A Calzada coa N-VI)
  • Arranxo da rúa que une a Ponte coa Louzaneta que coincide cun tramo do Camiño Primitivo
  • Canalización da fonte de Casás e habilitar acceso seguro para vehículos de emerxencias ao barrio
  • Reparación integral da vía Fermín Rivera: mellora de servizos de abastecemento e saneamento
  • Manter o compromiso de mellora do acceso Fervedoira–Adolfo Suárez
  • Drenaxe camiños interiores da Praza Maior.
  • Arranxo das beirarrúas na contorna do parque infantil da Praza Vermella.
  • Impulsar acordos con propietarios para humanizar espazos como a zona de Valentino e aparcamento actual ubicado na confluencia da rúa Primavera, Carril dos das Flores, das Hortas
  • Rotonda para organizar o tráfico na confluencia entre Ramón Ferreiro, rúa Vilalba, Anxo López Pérez e Rodríguez Mourelo

Espazos que unen natureza e cidade

  • Creación de dúas zonas de baño no río Miño, para aproveitar o potencial natural da cidade. (zona Robles e contorna da Uned)
  • Plan de recuperación e de uso do Parque de Fontiñas, para devolverlle vida, seguridade e actividade a un espazo clave da zona sur.
  • Mellora da Carballeira de Fingoi
  • Mellorar o mantemento do Parque do Miño
  • Impulso do BIC do Parque de Rosalía de Castro e e plan de mantemento e limpeza deste espazo
  • Medidas para eliminar os problemas de convivencia que xenera a práctica do botellón

Ø    CEAO e Gándaras: motor económico que require atención

  • Renovación de tubaxes no Polígono do Ceao.
  • Instalación de cámaras de videovixilancia en CEAO e As Gándaras.
  • Aparcadoiro seguro nas Gándaras, que mellore a funcionalidade e seguridade do polígono.
  • Habilitar no parque de enerxías alternativas do polígono un punto de recarga de vehículos eléctricos, unha zona de aparcadoiro e área de esparexemento

 

3.4. CONCELLO CERCANO

  • Reforzo das plantillas de persoal para mellorar a atención cidadá
  • Implantación do sistema de telelectura de contadores de auga, para un consumo máis eficiente e transparente.
    → Estudar unha liña de subvencións para a renovación de dispositivos por parte dos usuarios.
  • Investimentos edificios municipais con problemas de climatización (Uxio Novoneyra; Escola Infantil Gregorio Sanz)
  • Modernización da Praza de Abastos
  • Programa de apoio ao pequeno comercio afectado
  • Creación dunha oficina municipal de información, orientación e mediación para poboación migrante
  • Actualización das axudas sociais e deportivas para adaptalas ás novas realidades.
  • Coficinanciamento obras de mellora das instalacións da  Protectora de Animais
  • Incrementar partida Michos e Protectora de Animais para gastos mantemento
  • Cumprimento do acordo plenario de xullo do ano 2025 Supresión da plusvalía e bonificación do IBI nas áreas afectadas por cambios de solo.
  • Creación do Consorcio de Dinamización do Casco Histórico, con sede no Vicerreitorado.
  • Gratuidade do servizo de transporte urbano para menores de 21, maiores 65, pensionistas e presoas con escasos recursos

3.5. URBANISMO

  • Plan piloto de rehabilitación para os barrios Feijoo e A Milagrosa, co obxectivo de recuperar vivendas, dinamizar o comercio e mellorar o entorno urbano.
  • Axudas á rehabilitación en O Carme, Recatelo
  • Revitalización integral do barrio de A Ponte, con medidas que inclúen con axudas á rehabilitación de vivendas. (Evislusa)
  • Actualización do PXOM, PEPRI e PEPRIM
  • Impulsar a tramitación de desenvolvementos urbanísticos bloqueados (casco histórico)
  • Plan de Excavacións arqueolóxicas
  • Inventariar os camiños dos núcleos rurais
  • Plan de supresión de tapóns urbanísticos

3.6. UNIVERSIDADE

  • Impulso ao Plan “Lugo Cidade Universitaria”, con:
    • Vivenda asequible para estudantes e mozos, a través de Evislusa.
    • Bolsas de estudo e programación cultural estable
    • Contratación de asistencias técnicas locais para potenciar o talento local
    • Creación Cátedra xestión cultural

3.7. DEPORTES

  • Novo Pabillón Polideportivo
  • Recuperar o histórico espazo deportivo e cultural da OJE na rúa Deputación
  • Cubrir o campo de petanca do Parque de Frigsa.
  • Mellora dos parques periurbanos e fluviais, favorecendo o uso social e deportivo destes espazos
  • Mellora integral do Complexo Deportivo das Pedreiras.
  • Cambio tartán pistas das Pedreiras
  • Rehabilitación e mantemento do módulo cuberto de atletismo das Pedreiras
  • Cobertura pistas de tenis de O Palomar e Frigsa
  • Acondicionamento Campos de Sanfiz
  • Acondicionamento do Campo de Fútbol de Nadela
  • Mantemento e cambio de iluminación dos campos de futbol e instalacións deportivas
  • Plan de mellora para o Pabillón Municipal.
  • Arranxo urxente da cuberta do pavillón de Frigsa, que dificulta a actividade diaria dos clubes.
  • Plan de mantemento de todas as instalacións deportivas municipais.
  • Mellora de firme do aparcamento do Campo de As Gándaras de maneira axeitada.

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies