Sen categoría

O PP pide que se cumpra o acordo unánime, de marzo de 2023, do Castiñeiro para impulsar máis servizos, equipamentos e melloras no barrio

By 25 Xuño, 2025Sin comentarios

A iniciativa dos populares busca dar resposta ás necesidades
que a veciñanza leva anos reclamando: espazos de uso
público e servizos básicos no barrio

 Os populares levaran ao pleno de xuño outras dúas iniciativas
que poñen de relevo a desatención e deterioro de servizos
básicos nos barrios de Lugo, como son os parques e os
centros sociais municipais e se reclama apoio da corporación
para que Lugo teña unhas infraestruturas dignas

O Grupo Municipal do Partido Popular levará ao pleno
unha iniciativa para que o goberno local execute o acordo
aprobado por unanimidade en marzo de 2023, a iniciativa do PP,
para mellorar os servizos do barrio do Castiñeiro.
Naquel momento, todos os grupos acordaron iniciar os estudos
necesarios para atender as demandas trasladadas polos veciños e
veciñas deste barrio. Dous anos despois, e unha vez formalizada
a permuta da parcela na que inicialmente estaban previstas
vivendas de protección oficial —xusto o pasado mes de febreiro—,
xa non hai escusas para continuar adiando a posta en marcha
dun proxecto necesario e viable.

A proposta do Grupo Popular contempla a construción espazo de
uso público na parcela situada na rúa Lorenzo Varela esquina
con Ramón Piñeiro, que con instalacións axeitadas para diferentes
franxas de idade e necesidades da veciñanza.

“Queremos que este novo espazo sirva como zona común para os
que residen no Castiñeiro, un lugar con actividades dirixidas á xente
maior, servizos asistenciais, espazos culturais que apoien aos
artistas locais e iniciativas de carácter social que respondan á
realidade do barrio”.

O PP entende que a falta de servizos neste barrio é unha realidade
que non se pode seguir ignorando, e que o goberno local debe
cumprir os compromisos adquiridos no pleno, que ademais
contaron co apoio unánime da Corporación.

O Grupo Municipal Popular tamén levará ao pleno outras dúas
iniciativas que poñen de relevo a desatención e deterioro de
servizos básicos nos barrios de Lugo, como son os parques e os
centros sociais municipais.

Desde o PP denuncian que o goberno local de PSOE e BNG segue
sen rumbo, sen xestión e sen planificación, como demostra a
apertura da temporada de verán con espazos públicos en mal
estado, nos parques infantís, o a deixadez en reparar desperfectos
nos centros sociais.

Parques infantís sen contrato e sen mantemento
Os populares lembran que o contrato de mantemento dos parques
infantís leva caducado desde decembro de 2022. A isto engádese
a nula coordinación cos operarios municipais da brigada de
xardíns, o que está a provocar o deterioro de moitas destas áreas
verdes.

“Chega o verán e, en vez de atoparnos con parques preparados
para o lecer das familias, o que temos son espazos con
deficiencias, falta de seguridade e abandono”, sinalan desde o
grupo popular.

Centros sociais deteriorados e sen reparacións
A terceira proposición céntrase na situación dos centros sociais,
socioculturais e de convivencia, moitos deles con problemas
estruturais ou de mantemento: goteiras, filtracións, sistemas de
calefacción avariados ou escaleiras de emerxencia inutilizadas.
“A deixadez é total. Non se trata de grandes investimentos, senón
de vontade política. O Concello leva anos deixando deteriorar estas
instalacións básicas sen facer nada”, denuncian.

“É necesario un cambio de rumbo. Lugo precisa dun Concello que
planifique, coide os servizos e estea á altura das necesidades dos
barrios”, conclúen.

A cuarta iniciativa do Grupo Popular busca esixir ao Goberno de
España unha conexión ferroviaria para Lugo en igualdade de
condicións que o resto das capitais da contorna. O PP
considera que Lugo non pode seguir sendo tratada como unha provincia de segunda, e que a discriminación ferroviaria que sofre é
inadmisible.

“Queremos o mesmo trato que teñen outras provincias. Non é unha
esixencia política, é unha cuestión de dignidade e de igualdade para
Lugo”, sinalan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies