Sen categoría

O PP pide que o parque de enerxías alternativas do CEAO se recupere para un punto de recarga de vehículos eléctricos, unha zona de aparcadoiro ou unha área de esparexemento

By 19 Agosto, 2025No Comments

• Silvia Colmenero afea que PSOE e BNG evitan dar alternativas para este espazo que” está abandonado e desmantelado tras despilfarrar nel 1 millón de euros, pese a que nunca funcionou”
• Os lucenses non merecen máis proxectos fallidos, que non aportan valor engadido como o Impulso Verde, o coliving,o carril bici ou estes paneis solares… Lugo precisa outra forma de gobernar

Martes 19 de agosto de 2025.- Na xuntanza que o alcalde mantivo cos empresarios do polígono industrial do CEAO, no pasado mes de xullo esqueceuse de presentar, unha vez máis, dar unha solución para borrar unha infraestrutura vergoñenta: o parque de enerxías alternativas ubicado nunha das entradas principias desta área industrial.

Desde o PP levamos anos pedindo que se recupere este espacio para usos útiles: un punto de recarga para vehículos eléctricos, unha zona de aparcadoiro ou unha área de esparexemento

O parque de enerxías alternativas do CEAO é un proxecto que non aporta ningún valor engadido aos lucenses (como o carril bici, o Impulso Verde, o Coliving, as caldas …) e que supuxo un gasto dun millón de euros. Comenero lamenta que “unha vez máis os despilfarros deste goberno local os teñamos que pagar os lucenses coa suba de impostos municipais”.

E o BNG máis do mesmo no novo proxecto para “mellorar” o CEAO na zona da rúa da industria nin sequera contempla dar unha alternativa para esta zona onde teñen un parque de enerxías alternativas abandonados.

Lugo necesita un cambio de rumbo, de prioridades e de xestión. Non podemos seguir mirando cara outro lado mentres se dilapidan recursos públicos e se abandona un espazo que podería ter un uso social e económico real.

Antecedentes.-

Instalado no ano 2007 e en funcionamento só entre 2014 e 2017, este parque xa custou aos lucenses máis dun millón de euros. E todo para acabar sendo un absoluto fracaso: non só deixou de funcionar, senón que durante os anos que estivo operativo chegou a consumir máis enerxía da que producía.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies