
• Os populares presentaron un informe da Comisión de Seguridade do Partido Popular que demostra que non houbo nin dilixencia, nin vontade por parte do goberno local para solucionar os problemas de segurida e convivencia nesa zona e explican que “se amparan en informes xurídicos cos que contan para solicitar que se ordene o peche definitivo e a revogación da licencia de Las Palmeras”
• Pedimos a Rubén Arroxo a mesma celeridade que tivo no ano 2023 cando ordenou o pechou este local a uns días das eleccións xa que “de non adoptar medidas agora o interpretamos como que naquel momento só actuó para sacar un rédito político”
Logo de solicitar información dentro das nosas competencias e labor de fiscalización constatamos nas actas de inspección de locais revisadas, diferentes incumprimentos detectando a existencia dun expediente con data de 17 de decembro de 2024 para iniciar un procedemento sancionador no local de Las Palmeras. Este documento, que se solicita hai sete meses, prodúcese o 18 de xullo de 2025. Tiñan 10 días de prazo para facer este traballo e tardaron 214, o que demostra unha falta de vontade política.
Curiosamente se impulsa o expediente 11 días despois de que pedísemos solucións e medidas para os problemas de convivencia na rúa Tui. Daquela Rubén Arroxo dicía textualmente que “Non pode pechar As Palmeras porque incurriríamos en un delicto de prevaricación” tamén engadía o nacionalista que “ningún cargo político pode pechar un negocio, senón que iso ten que vir dado tras un procedemento técnico no que se detecten certas cuestións” e subliñaba como no seu día “ordenei o peche teporal porque había denuncias policiais e informes técnicos que o permitían”. Os populares pregúntanse coa documentación que existe porque non toma decisiones e da solucións agora.
Seguen sen dar solucións, e negando a problemática
Os populares explican que “hai datos que certifican que hai incumprimentos graves e reiterados, máis de 30 informacións públicas en medios de comunicación neste último ano; información que figuran en actas desde marzo de 2023 ata a actualidade, denuncias veciñais … pero o goberno local, pese a todo, segue sen dar solucións e segue negando os problemas de seguridade que hai en determinadas localizacións como é a rúa Tui.
O Partido Popular explica que diante dos feitos constatados en actas poderíanse tipificar os delictos e citan a lexislación que podería amparar a revogación inmediata da licenza de actividade, deixando sen efecto calquera autorización ou declaración responsable que ampare o seu funcionamento. Refírense aos seis puntos do artigo 53 da Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, o artigo 33 e 34 da Lei de espectáculso públicos e actividades recreativas de Galicia 10/2017, a Lei 7/1985 e ao artigo 51 da Ordenanza Municipal de Contaminación Acústica.
O PP insiste en que a súa prioridade é garantir a seguridade e o benestar de todos os lucenses. Nese sentido, reclaman reforzar o persoal municipal deste servizo . A semana pasada advertían da escaseza de traballadores no servizo de augas, e agora céntranse na policía local, onde tamén consideran urxente incrementar os efectivos para asegurar un funcionamento axeitado do corpo.