Sen categoría

O PP pide axilizar as autorizacións municipais correspondentes para que as asociacións veciñais non perdan subvencións e poidan mellorar os seus locais sociais

By 5 Setembro, 2025Sin comentarios
O Grupo Municipal do Partido Popular rexistrou unha petición para que o Concello de Lugo axilice a tramitación das autorizacións correspondentes que precisan as asociacións veciñais para executar obras de mellora nos seus locais sociais.
Os populares trasladan a preocupación de varias entidades, que contan con axudas doutras administracións pero teñen que cumprir prazos para non perder as subvencións.
A dilación indebida ou inxustificada na tramitación das autorizacións municipais podería supoñer a perda destas axudas e, polo tanto, poñer en risco actuacións moi necesarias para a mellora dos citados locais sociais, que constitúen espazos fundamentais de convivencia e participación cidadá.
Por todo o anterior, SOLICITAMOS que dende o Goberno Municipal se adopten as medidas oportunas para axilizar a tramitación e resolución das autorizacións precisas, co obxecto de favorecer que as entidades veciñais poidan executar en prazo as melloras previstas nos seus locais sociais e que se dea traslado ás concellerías competentes para os efectos oportunos, instando a unha tramitación preferente destes expedientes mentres estean vinculados á obtención e xustificación de subvencións doutras administracións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies