Sen categoría

O PP pide ao Concello que lidere o cambio dos contadores de consumo de auga e non traslade a responsabilidade aos veciñanza

By 5 Xuño, 2025Sin comentarios

• A modernización do ciclo da auga non é unha prioridade para PSOE e BNG, só saben subir o recibo un 25% mentres Lugo segue sen avances no control dixital que melloraría a detección inmediata de fugas
Lugo, 30 de maio de 2025. O Grupo Municipal do Partido Popular considera que hai unha deixadez de funcións por parte do goberno local co control do cambio/verificación dos contadores de consumo de auga doméstica que deben, por normativa (Orden ICT/155/2020 que regula o control metereolóxico do Estado de instrumentos de medida), actualizarse antes do 24 de outubro deste ano.
A concelleira popular explica que no punto 4.5 do anexo 3 da orde ministerial se indica que o consumidor pode decidir que sexa o órgano xestor (o concello) quen se encargue das revisión e trámites relacionados con cambio/verificación dos equipos con máis de 12 anos. Eso significa que o concello de Lugo debería liderar o proceso de cambio/verificación dos contadores e non deixar en mans dos usuarios a decisión de verificar ou poñer o dispositivo novo dixital ou análóxico.
“Resulta vergoñento que en pleno século XXI e tendo a oportunidad de modernizar o parque de contadores sigamos cos analóxicos e co persoal municipal indo a lelos casa por casa”. A popular mesmo presentou a comunicación do servizo de augas que chegou a algúns fogares informando da obriga de instalar/verificar os contadores e no caso de que non se atenda ao requerimentono se advirte de que se procederá a incrementar a facturación en base a un artigo dunha ordenanza municipal que se aplica únicamente aos contadores parados ou avariados.
Silvia Colmenero lamenta que na última sesión plenaria, na que preguntamos se o concello estaba preparado para a lectura dixital de contadores, “a resposta foi nada clarificadora porque remitiron a que estaban a espera de recibir fondos europeos. A popular lembra que xa vai dúas veces nas que o concello de Lugo se presentou e non acadou esta axuda por presentar deficientemente a documentación e non acadar nin a puntuación mínima.
Cando rectifican, acertan”: o precedente de 2021
A concelleira popular aproveitou para lembrar que xa en 2021 o PP lanzou unha campaña informativa para axudar a centos de veciños que recibiron facturas de auga con importes excesivos e baseadas en estimacións inxustas. “Foi o noso grupo quen asesorou aos afectados para presentar reclamacións e forzou ao Concello a rectificar, refacturando os consumos. Cando rectifican, acertan. Pero, tristemente, só o fan cando hai presión política e veciñal”, explicou.
Naquel momento porpuxemos que se repartise o consumo anual entre os catro trimestres para respectar o espírito da norma e o principio de igualdade e proporcionalidade. O que están a facer é inxusto e podería considerarse un enriquecemento indebido da administración a costa dos veciños”.
Por último a popular denunciou que, mentres se soben os impostos, o servizo da auga segue sendo un dos grandes exemplos da mala xestión de PSOE e BNG:
• Os principais contratos do ciclo da auga están caducados desde hai 14 anos.
• A brigada municipal está desmantelada.
• As fugas tardan días en repararse.
• A zona rural segue sen abastecemento nin saneamento.
• O sistema de reutilización de auga leva 14 anos inutilizado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies