Sen categoría

O PP pide ao alcalde que actúe con honestidade e axilidade coa Protectora de Animais “pedimos implicación seria e real, agora que está todo o traballo feito”

By 2 Maio, 2025No Comments

Tras coñecerse que Concello e Deputación van investir na mellora das actuais instalacións da protectora

• A popular lembrou que esta actuación é unha competecia municipal e atribuiu este paso dado á presión da veciñanza que foi clave “cando imos unidos as cousas saen” recalcaba
• Os populares lembran como ata en catro ocasións Miguel Fernandez votou en contra de intervir de forma urxente (1) nas actuais instalacións indicando que negouse a asignar os máis de 700.000 € dos hortos ecolóxicos reservados nos orzamentos de 2024 para esta actuación (agora non hai nin cartos,nin hortos, nin mellora da protectora)

Venres 2 de maio de 2025.- A voceira do Grupo Popular comenzaba a rolda de prensa asegurando que “o goberno mídese polo que fai e a oposición polo que di” engadindo que “neste mandato non podemos perder máis trens e por iste motivo decidimos intensificar esforzos, non só falar senon tamén facer”.

A popular lembrou como a comezos deste mandato “identificábamos diferentes prioridades onde o goberno, de forma recurrente, facía a mesma praxis que consistía en sacar do caixón os asuntos enquistados en periódos electorais e botar culpa a terceiros para tapar a súa inacción e logo todo volvía quedar como estaba”.

A voceira recordaba que a grandeza dunha sociedade mídese pola forma de tratar aos animais e, nese senso, lembraba que estamos falando dunha entidade coa que dende os diferentes cargos públicos que ocupou tivo un compromiso inquebrantable. Nese senso compartía unha imaxe do ano 2015 como presidenta da deputación firmando a cesión da parcela colindate á protectora)

A popular tamén desmontaba as mentiras do señor Fernández indicando que el estivo sempre ao longo deste proceso ocupando unha área da que dependía o futuro da protectora de animais.

Entre as datas da cronoloxía da inacción destaca:

A do 19 de febreiro do 2019 onde o goberno local dixo que as obras de mellora estaban licitadas e ata o ano 2023 non volvemos a ter noticias ata que a empresa solicita a resolución de contrato por mútuo acordo. Nese intervalo de tempo hai un requerimento da CHMS (obra tenía que respectar cauces fluviais).

O 29 de marzo do 2023 data na que o que hoxe é alcalde como responsable de Medio Ambiente presenta o proxecto para levar a nova protectora ao matadoiro que se executará con 1.4 M€ dos fondos europeos. Tres meses despois eses fondos se perden.

A popular salientou que foi nese momento cando decidimos intensificar o noso traballo para esgotar calquera posibilidade de disculpa do goberno e da Deputación “escoitamos á directiva da protectora; fixemos un traballo discreto e colaboramos para que tiveran un proxecto solvente agradecendo a implicación da mesa de urbanismo do Partido Popular.

Arroxo prefire investir en cemiterios de mascotas que en mellorar as instalacións da protectora

A popular afeou o posicionamento deste tema do tenente de alcalde o nacionalista Rubén Arroxo “non quero hoxe esquecer o apoio que lle deu o BNG na deputación á iniciativa que presentamos a prol de intervir de forma urxente nas actuais instalacións implicando no seu financiamento á Deputación, Concello e Xunta, algo que non sucedeu no concello coa proposición que defendemos con ese mesmo contido.

Está claro que canto o voceiro do BNG, o señor Arroxo ten que elixir enter “compromisos, principios ou sillón sempre elixe o sillón”. Arroxo votou en contra de mellorar as instalacións e preferiu preocuparse máis dos animais unha vez mortos que vivos. Preferiu investir no cemiterio de mascotas en lugar de mellorar as instalaciósn da protectora.

Tempo perdido por cabezonería

A voceira popular concluía que pola cabezonería do alcalde perdéronse moitos anos para correxir as deficiencias dunhas instalacións que incumpren a lei de benestar animal nunha área de exclusiva competecia municipal.

A rectificación acádase logo dun traballo riguroso onde con papeis,argumentos, informes … demóstrase que todo o que non fixeron nos últimos anos foron excusas

Sobre o compromiso do alcalde e Pte da Deputación de que achegan os 279.000 do ano 2019 pedimos que como mínimo se actualice a cantidade para afrontar os custos da reforma.

Tendo en conta que o proxecto que hai sobre a mesa, cun orzamento de 600.000 €, se financiará a partes iguais entre o Concello, a Deputación e a Xunta, solicitamos que, dado que ao goberno local lle correspondería aportar uns 200.000 € e sabemos que nos orzamentos ten asignados 500.000 €, destínese a cantidade restante a mellorar o convenio de gastos de mantemento da protectora e dos programas de Michos.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies