Sen categoría

O PP pide amparo á Valedora do Pobo para que as administracións non colaboren en actividades que fomenten a discriminación por razóns ideolóxicas ou impidan o dereito de igualdade

By 30 Maio, 2025No Comments

As concelleiras do Grupo Popular no Concello
de Lugo, Mar Carballas e Flor Rubinos, presentaron á Valedora do Pobo
unha petición de amparo, en relación aos feitos ocorridos o pasado 23 de
maio durante o pregón da Feira de productos do campo e artesanía da
Milagrosa, cando lles foi denegado “co argumento de que eran cargos do
Partido Popular” o acceso a un espazo público onde tiña lugar o pregón.

Esta actividade estaba organizada pola Asociación de Veciños,
Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa, que contou coa
colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Lugo, a Vicepresidencia
de Cultura da Deputación e a Federación de Comercio, tal e como se
acredita na copia do cartel feito para a presentación do evento.

Dende o Grupo Popular consideramos que estamos diante “dun caso claro
de discriminación por razón de ideoloxía salientando que “este tipo de
actuacións atentan contra os principios básicos dunha democracia plural”.
No escrito entregado, ambas concelleiras denuncian unha vulneración do
dereito fundamental de participación nos asuntos públicos, recollido no artigo
23 da Constitución Española, así como un incumprimento do Decreto
226/2022 da Xunta de Galicia, que regula os espectáculos públicos e
establece a obriga de garantir a igualdade de acceso e trato (especialmente
nos artigos 13, 14 e 17).

Ademais, na petición de amparo inclúen referencias ao artigo 510 do Código
Penal, que sanciona as condutas que inciten ao odio ou á discriminación por
motivos ideolóxicos, como podería interpretarse neste caso.

Desde o Grupo Popular queremos deixar claro que non imos tolerar ningún
intento de exclusión política nin de vulneración dos dereitos fundamentais de
quen representa democraticamente aos veciños de Lugo.

Presentamos esta petición porque “o que pasou na Milagrosa non pode repetirse en ningún
barrio nin festa da nosa cidade”, explicaron Mar Carballas e Flor Rubinos
trala entrega do escrito.

“A liberdade e o respecto polos representantes
públicos son principios básicos de calquera sociedade democrática, tamén
en Lugo”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies