Sen categoría

O PP pide ambición e propón ampliar o proxecto do acceso a Lugo pola Fervedoira ata a Rolda Norte

By 24 Febreiro, 2026Sin comentarios

–         “Despois de tantos anos esperando o proxecto de A Fervedoira non pode reducirse a un investimento de 200.000 euros para reposición do firme, Lugo merece un acceso seguro e moderno.

–  O proxecto anunciado polo goberno local quédase curto xa que se limita ao tramo entre a rotonda de Montero Ríos ata apenas 300 metros máis alá dos edificios de Adolfo Suárez

–         Antonio Ameijide:  Senón completan a intervención ata a conexión coa Rolda Norte, como propoñemos, seguirán sen resolverse os problemas históricos de carrís estreitos, pavimento deteriorado, falta de beirarrúas e iluminación

–         Elena Candia: “Traballamos cunha visión de cidade: accesos dignos, seguros e ben planificados. Xa o fixemos con propostas para Nadela (reclamando a iluminación da rotonda e un proxecto de humanización da travesía) e a estrada vella de Santiago (defendemos a creación de beirarrúas e actuacións integrais que melloren a seguridade viaria de peóns e condutores), e agora damos un paso máis pola Fervedoira”.

 

O Partido Popular propón completar de forma integral a mellora do acceso pola Fervedoira, estendendo a actuación ata a conexión coa Rolda Norte. O obxectivo é claro: garantir unha entrada segura, cómoda e ben iluminada, con espazo para peóns e cunha imaxe coidada para quen chega a Lugo.

 

O que está anunciado

O goberno local prevé actuar nun tramo limitado:

–        Dende a rotonda da rúa Montero Ríos ata o remate da zona urbana, 300 metros máis alá dos edificios de Adolfo Suárez, centrando a intervención na renovación parcial de servizos (saneamento) e unha nova capa de rodadura.

–        Tamén se contempla executar a renovación da calzada e ampliación da mesma no tramo que vai dende o remate da zona urbana ata a rotonda prevista no PXOM.

 

Para os populares o proxecto do bipartito é insuficiente e non resolve no futuro os problemas dun dos principais accesos á cidade.

 

A proposta do PP: completar e planificar

O Grupo Popular defende ampliar a intervención aproximadamente 1,5 quilómetros máis, ata enlazar coa Rolda Norte. Só así se evitarán embudos e tapóns e se dará resposta aos problemas históricos desta vía:

  • Carrís estreitos.
  • Pavimento deteriorado.
  • Falta de beirarrúas continuas.
  • Iluminación insuficiente.
  • Ausencia de espazos seguros para colectores e paradas de autobús.

 

 

Política Útil

Esta proposta se levará a pleno: “trátase dunha iniciativa que  encaixa co modelo de mobilidade que defendemos baseado na planificación, seguridade viaria e mellora dos accesos a Lugo”.

 

Con anterioridade xa propuxemos actuacións en Nadela, reclamando mellor iluminación e humanización da travesía, e na estrada vella de Santiago, defendendo beirarrúas e intervencións integrais. Agora damos un paso máis pola Fervedoira.

 

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies