
Xoves 26 de febreiro de 2026.- Con 12 concelleiros nunha corporación de 25, hoxe volvemos demostrar que cando hai propostas serias e útiles para Lugo somos capaces de sumar apoios e convertelas en acordos.
Lugo non pode permitirse un alcalde sen liderado. A cidade precisa un impulso real para afrontar os seus problemas, porque cando hai iniciativa, traballo e capacidade para sumar, os acordos chegan.
🔹 Aprobamos con 13 votos ampliar a intervención do acceso pola Fervedoira ata a Ronda Norte.
Despois de tantos anos de espera, Lugo non pode conformarse con 200.000 euros para repoñer o firme. Merecemos un acceso seguro e moderno.
🔹 Acadamos a unanimidade para impulsar un aparcadoiro no Parque de Enerxías Alternativas, no Ceao.
Un espazo abandonado polo PSOE onde o PSOE despilfarrou un millón de euros. No pleno dixeron que tiñan un proxecto executivo; agora recoñecen que só hai un estudo de alternativas. É dicir, pasaron de dicir que estaba listo a admitir que aínda están estudando que facer.
🔹 Sacamos adiante a retirada do recurso que bloquea o Plan de axilización da dependencia da Xunta, con 12 votos a favor do PP, 8 en contra do PSOE e 5 abstencións do BNG. Non se pode poñer paus nas rodas cando falamos de persoas dependentes e das súas familias.
🔹 Tamén obtivemos co voto unánime da corporación mellorar a estrutura, o persoal e a seguridade dos Bombeiros. Un servizo esencial que necesita reforzo e planificación.
Catro iniciativas, catro avances para Lugo. Cando hai liderado, hai acordos e Lugo avanza.

