pleno

O PP consigue que o PSOE e o BNG estude a rebaixa de impostos inxustos

By 31 Xullo, 2025Sin comentarios

• Os populares lograron algo que non debería ser excepcional “o respaldo unánime da corporación de tres das catro proposicións que se presentaron hoxe no pleno”

Xoves, 31 de xullo de 2025.- O Grupo Municipal Popular conseguiu que o pleno aprobase por unanimidade tres iniciativas de grande impacto para os lucenses.
Por unha banda, aprobouse a nosa proposta para bonificar o IBI e eliminar a plusvalía aos propietarios de terreos afectados polo cambio de calificación urbanística nas áreas de expansión, que están a pagar como solo urbano sen poder construír. Unha medida de xustiza que corrixe unha situación inxusta para moitas familias. Cando o PSOE e o BNG rectifican, acertan.

Asemesmo, logramos tamén o respaldo unánime para protexer os núcleos de poboación de instalacións industriais de produción enerxética mediante a actualización da ordenanza ambiental municipal de 1995, que permanecía esquecida nun caixón. O obxectivo é garantir distancias mínimas entre instalacións e vivendas, ofrecendo seguridade xurídica e tranquilidade aos veciños, no exercicio das competencias municipais en materia de medio ambiente.

O terceiro acordo que o Partido Popular conseguiu sacar adiante é a petición para que o Concello impulse a candidatura para Lugo como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública e así situar a nosa cidade como referente nacional en políticas de saúde pública.

Lugo ten potencial para ser sede deste organismo xa que contamos con recursos clave como o Laboratorio Central de Saúde Pública e o Centro Integral da Residencia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies