
- Os populares consideran que a situación de abandono e ruína na que se atopa esta contorna é o resultado das políticas nacionalistas e socialistas tras 26 anos de goberno en Lugo
- Durante a sesión, que se celebrou esta mañá a petición do Grupo Popular, quedou en evidencia que nin saben o que facer xa que primeiro anunciaron que votarían en contra pero logo rectificaron deixando claro que estamos ante un goberno sen rumbo, sen criterio e sen solucións para Lugo
O primeiro paso real cara á recuperación do Carme é apostar por un novo modelo urbano que permita actuar de inmediato.
A proposta do Partido Popular consiste en modificar o actual PERI-6 e deseñar unha nova ordenación que se poida aplicar de forma progresiva sobre os 87.753 m² do barrio. Inclúe tres liñas de actuación claras:
🔹 Extraer vía segregación unha bolsa de solo do Plan Especial, así non se aplicaría o artigo 90 da Lei do Solo. Esto suporía facer valer os dereitos dos propietarios: permitiría rehabilitar, vender, hipotecar, poñer no mercado de alugueiro.
🔹 Identificar unha ordenanza para esta contorna segregado ben aplicando algunha existente (ordenanza de mazá pechada) ou outra nova.
🔹 Planificar unha segunda fase de rexeneración integral para o resto do barrio do Carme, que complete a recuperación do barrio e da súa contorna.
Promesas incumpridas
Os populares explicaron que dende o grupo municipal veñen reclamando, dende hai anos, unha iniciativa urbanística que rexenere este barrio lembrando como, nestes anos, o único que se fixo por parte do PSOE e do BNG foi gastar 10 millóns de euros de fondos europeos para facer un carril bici, novas pavimentacións ou o coliving de artistas e que estas intervencións tiñan por obxecto transformar o Carme. Lamentaron que “os socialistas miden as súas intervencións polo que gastan, non por como quedan”. Asemesmo indicaron que é preciso que o goberno local reflexione e use os vindeiros fondos europeos que veñen de recibir de forma útil para non repetir erros e facer obras que non supoñen ningún valor engadido á cidadanía.
Os populares tamén fixeron un repaso polas promesas incumpridas con respecto á recuperación do barrio do Carme que pasan polo incumprimento de o aparcamento de 40 prazas nos terereos da confraría; a modificación do PXOM que se anunciou en 2023 unha vez aprobado o 5% pendente; ou o concurso de ideas comprometido en 2024
Contexto urbanístico O Carme
En 1969 o primeiro planeamento incluía o Carme nun Plan Parcial e eliminaba a licencia directa
O PXOM do ao 1992 redactado polo Partido Popular deu unha solución realista que non se materializou
En 2002 o goberno do PSOE con Xosé Ramón López Besteiro anuncio a rexeneración do barrio
O PXOM de 2012 recuperou a idea dun plan especial para a totalidade dos 90.000 m2 de terro e volveu a condenar o barrio á ruína ata o día de hoxe.
