Sen categoría

O PP levará ao Pleno unha iniciativa para que a Rotonda de Nadela, en Lugo, conte cunha entrada segura e ben iluminada

By 10 Novembro, 2025Sin comentarios
  • Nunha resposta no Congreso a deputados do PP o goberno de Sánchez condiciona a actuación a que o alcalde, Miguel Fernández, faga o acordo de cesión da vía contradicindo anteriores explicacións nas que xustificaba que non acendían as farolas que hai neste nudo porque tiña pouco tráfico

Os populares explican que hai unha reivindicación veciñal importante para que se ilumine a rotonda de Nadela tanto dende o punto de vista estético, xa que estamos a falar dunha entrada á cidade onde conflúen seis estradas (2 autovías (A-6 e A-54), a N-VI así como dúas estradas autonómicas CG-

2.2. de Nadela a Maceda; a LU-546 de Nadela a Maceda. e a LU-11 entre Conturiz y Nadela). como dende o punto de vista da seguridade é necesrio corrixir a penumbra na que está porque resulta perigoso circular por ela.

Iniciativas Congreso e Senado

A falta de iluminación neste punto chegou en distintas ocasións ao Congreso e ao Senado de man dos representantes do PP.

En maio de 2024 os senadores do PP preguntaban: ¿Cuándo tiene pensado el Gobierno poner en marcha la iluminación de la rotonda de Lugo? O Ministerio de Transportes respondía que non reunía os requisitos en canto ao movemento dos vehículos. O Goberno de Pedro Sánchez explicaba textualmente que “la intensidad de tráfico no alcanza los 17.000 vehículos/día” e que “por la normativa vigente no justifica la iluminación de sus enlaces”.

O pasado mes de outubro, a preguntas dos deputados do PP sobre cando ten previsto o goberno de Sánchez encender as farolas da rotonda de Nadela o Goberno de Sánchez explica que “la iluminación de la rotonda de Nadela está pendiente de aprobación del acuerdo de cesión por parte del Ayuntamiento de Lugo”.

Falta liderazgo do Alcalde de Lugo

Cómpre lembrar que en abril de 2025 o alcalde de Lugo, na súa primeira reunión co delegado do Goberno, presumiu de ter logrado o compromiso de que se iluminaría a rotonda antes de que rematase este ano 2025.

Pero lendo a última resposta do Goberno, o que parece é que agora lle lanzan a pelota a Miguel Fernández (debe facer o acordo de cesión desta vía) e, por tanto, van incumprir, unha vez máis, a súa palabra con Lugo.

O que queda en evidencia é a falta de peso político do alcalde socialista e a nula influencia do PSOE de Lugo ante o Goberno de Pedro Sánchez.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular levará ao Pleno unha iniciativa para reclamar que se execute de inmediato a iluminación da rotonda de Nadela, unha demanda que conta co apoio da veciñanza e que leva anos agardando resposta.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies