O Grupo Municipal Popular presentará esta semana nas comisións do Concello de Lugo unha ampla relación de rogos e preguntas recollidas no seu labor de escoita activa coa veciñanza tanto da cidade como do rural. “Unha vez máis trasladamos ás comisións as necesidades reais que nos fan chegar os lucenses, porque queremos ser a súa voz e lograr solucións aos problemas cotiáns que afectan á súa calidade de vida”.
Todas estas demandas son “propostas construtivas e razoables, que encaixan no modelo de cidade que defendemos desde o PP e que contrastan coa falta de respostas e de xestión do goberno local do PSOE e do BNG”.
Infraestruturas e mobilidade urbana
A veciñanza de San Fiz demanda a colocación dunha marquesiña no punto de parada do bus, xa que actualmente teñen que agardar á intemperie.
Pedimos dotar de beirarrúas a zona da Residencia de Maiores das Gándaras, un punto perigoso polo tránsito peonil.
Reclámase corrixir as deficiencias na sinalización horizontal en Fontiñas.
Preguntamos polos criterios de cesión do Fuxan os Ventos e polo prazo para contar cunha ordenanza propia de uso
Solicitamos axilizar a reparación do muro de Quiroga Ballesteros, afectado polas obras do centro. O PP xa reclamara unha intervención urxente o 30 de outubro, advertindo da súa situación. A día de hoxe o muro segue apuntalado.
Deportes e servizos
Pedimos flexibilizar o pago dos cursos de natación, permitindo aboamento mensual e non só trimestral.
Solicitamos o arranxo das pistas de skate e a reparación da valla perimetral da zona deportiva de As Termas.
Reclamamos que se habilite unha plataforma dixital para solicitar as axudas municipais de material escolar, facilitando o procedemento ás familias.
Parques, patrimonio e cultura
O PP propón mellorar o mantemento de parques como o de Fontiñas, Marcos Cela ou a rúa Orquídea que están en pésimo estado de conservación
Queremos coñecer a situación da tramitación como BIC do Parque Rosalía de Castro e tamén preguntamos polos criterios empregados para a iluminación exterior da Muralla de Lugo
Servizos sociais
Interesámonos polo funcionamento dos pisos de acollida e pola situación do programa Lugo Transforma, que carece da transparencia e eficacia necesarias.
Rural
O PP solicita dotar de auga corrente aos locais sociais do rural, como mínimo nos de Benade e Rubiás, que actualmente non dispoñen das condicións básicas de salubridade.
Reclamamos o arranxo do camiño da Granxa en Puga (Benade), da estrada de acceso á Ponte de Mera en dirección Lugo e da vía que conecta o barrio da Brea (Tirimol) coa parroquia de Silvarrei.