Sen categoría

O PP lamenta que Arroxo esquive dar explicacións de servizos que dependen do BNG e que demanda a veciñanza

By 17 Xuño, 2025Sin comentarios

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, perdeu unha nova
oportunidade para responder con seriedade ás preguntas que se fai a
veciñanza de Lugo sobre o estado real dos servizos municipais e a xestión
do BNG ao fronte das súas áreas de goberno.
Desde a oposición lembramos algunhas das cuestións urxentes que
continúan sen resposta:

 Vai abrir a Escola Municipal de Música en setembro, ou estamos
ante outro servizo público que o BNG deixa caer, como fixeron coa
Banda Municipal?

 Cando se aprobará o convenio de uso do aparcadoiro dos
institutos, para que poida empregarse fóra do horario lectivo?
 Para cando unha ordenanza clara e transparente sobre o uso do
Fuxan os Ventos, que impida a utilización discrecional deste espazo
por parte dos nacionalistas?

 Que pensa facer o BNG coas salas da Rede Museística,
actualmente abandonadas e con serios problemas de mantemento?

 Por que renunciaron a unha achega de 9.000 € para sumarse á rede
de Mercados de Excelencia e modernizar a web da Praza de Abastos?

 Cando se van atender as queixas recorrentes das persoas
usuarias do transporte urbano, que denuncian atrasos constantes,
liñas mal organizadas e paradas sen sinalizar?

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies