Sen categoría

O PP lamenta o abandono das infraestruturas deportivas “nada se sabe do pavillón prometido varias veces, nin manteñen en boas condicións as dotacións que teñen”

By 11 Xuño, 2025No Comments

• Damián Carballo pide que se resolvan deficiencias que son comúns nos catro campos de futbol municipais como “redes perimetrais rotas, reparación e banquillos, acondicionar vestiarios e espazos para gardar material dos xogadores, entre outras”

Damián Carballo reclamou hoxe unha maior planificación e compromiso por parte do bigoberno co deporte lucense, denunciando a inacción en grandes proxectos e a falta de mantemento en infraestruturas que están en funcionamento.

Damián Carballo explicou que logo de facer un chequeo do estado dos catro campos de fútbol municipais de Lugo detectou que precisan melloras que pasan por: arranxo de vestiarios que teñen con humidades e pintura que cae, como nas Gándaras e no Luis Gorgoso, onde tamén piden arranxos nos banquiños e redes perimetrais. En A Cheda solicitan mellorar o mantemento do céspede artificial e a instalación dunha rede de separación coa N-VI, e no Polvorín crear un espazo para gardar o material dos xogadores. “Son necesidades básicas para garantir a práctica digna do deporte base”. O concelleiro popular tamén propuxo que se incorpore o campo municipal de Nadela para desconxestionar os espazos que temos para a práctica de fútbol base e que son claramente insuficientes.

Durante a súa intervención o edil popular puxo o foco na falta dunha política deportiva seria e a longo prazo, o que denota falta de proxecto de cidade e esgotamento político dun bigoberno que non asume as necesidades da cidade en materia deportiva, provocando unha saturación das instalacións actuais, dificultando a organización dos adestramentos e competicións e supoñendo unha traba engadida tanto nas disciplinas federadas coma no deporte base.

Tres alcaldes e outros tantos concelleiros de deportes levan anunciando un novo pabillón polideportivo, do que non existen máis ca promesas e infrografías: Sen proxecto, sen ubicación e sen prazos.

Asemade, lembrou como o concelleiro de Deportes segue a negarse a traballar para, a través do acordo marco firmado pola Xunta e a FEGAMP, conseguir poñer ao servizo do deporte lucense as instalacións deportivas dos institutos, unha cuestión que está bloqueada por manter o descurso de que a Xunta non se preocupa por Lugo, cando a realidade é que, outra vez, o bigoberno boicotea acordos beneficiosos para os lucenses por mera estratexia partidista.

Para o concelleiro popular, o anuncio da licitación da contratación dos servizos de mantemento e conservación de distintos campos de fútbol e béisbol no concello de Lugo amosa tamén que o bigoberno non aprende dos seus propios erros: Esta licitación chega tarde, pois ata mediados de xullo aínda estará aberto o prazo de presentación de ofertas, co que, sumando os distintos trámites, se todo sae ben, non estará adxudicado o contrato ata despois do verán, co cal as actuacións correspondentes nas instalacións deportivas municipais empezarían a realizarse cos adestramentos dos clubes xa en marcha, coma aconteceu coas obras do Polvorín recentemente.

“O bipartito actúa por reacción, sen planificación nin traballo serio; a licitación deste contrato é, ao mesmo tempo, un recoñecemento expreso das necesidades das instalacións deportivas municipais e a mostra de que chegan tarde, porque adican o tempo á propaganda e non ao traballo serio e coherente a prol do deporte lucense”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies